
Solapas principales
Partido Popular (PP)

O PP de Ames, na sua liña de apoiar todos os proxectos que sexan positivos para o Concello e os veciños ven de dar o seu voto afirmativo ás propostas que pretenden afrontar dun xeito intersectorial os desafíos detectados no diagnóstico da Axenda Urbana de Ames e que desde a formación popular se consideran “cruciais para o presente e para o futuro do Concello”.
O Concello de Ames, inmerso no desenvolvemento das actuacións recollidas na Edusi Impulsa Ames, asumía como un dos proxectos máis importantes a construción do centro multifuncional de lecer, cultura e promoción económica do Milladoiro, que estará dirixido á mocidade e a persoas en risco de exclusión social do municipio. Oliva Agra espera que as obras poidan ser unha realidade polo beneficio dos veciños.
Os resultados do que vai ser a humanización do Milladoiro xa se empezan a ver. Este martes, con un carril de baixada e outro de subida, tal e como vai quedar definitivamente, viviuse un auténtico caos. O PP, xa desde sempre, expresou a súa oposición a esta obra na avenida Rosalía de Castro e a súa preocupación polo resultado final. O PP bota de menos un estudo antes de empezar os traballos para desviar os coches de forma eficiente e efectiva.