Solapas principales

10 mozos e mozas participaron no Obradoiro de Son que se impartiu na Factoría, en Biduído

Jueves, 28 de diciembre de 2023

A través do departamento de Xuventude, o Concello de Ames organizou por primeira vez o Obradoiro de Son, unha master class musical relacionada coa produción e gravación. Nesta primeira edición do obradoiro, dirixido a rapaces e rapazas a partir de 14 anos, participaron 10 persoas. Impartiuse os días 27 e 28 de decembro, e durante ambas xornadas o alumnado puido explorar todas as posibilidades que ofrece o local de ensaio de A Factoría.

Esta mañá a concelleira de Mocidade, Carmen Porto, achegouse ata o local de A Factoría, en Biduído, para coñecer de primeira man as actividades que se estaban a realizar no Obradoiro de Son. Durante a visita, a concelleira puido falar cos mozos e mozas participantes para saber como fora a súa experiencia.

A concelleira amosouse satisfeita co traballo realizado polo alumnado e o docente: “esta iniciativa buscaba dar a coñecer o local de A Factoría e os recursos cos que conta, pero tamén serviu para introducir á mocidade amesá nas dinámicas dun estudo de gravación e dun grupo musical e abrirlles novas posibilidades de cara ao futuro”.

Obradoiro de Son
Esta actividade desenvolveuse os días 27 e 28 de decembro, entre as 11:00 e as 13:30 horas, no local de ensaio de A Factoría, situado en Biduído.
Para levala a cabo contouse con persoal profesional, técnico de son e audiovisuais.

O formador impartiu unha Master Class sobre o funcionamento do local e do material técnico de son e gravación, para que o alumnado puidera facer un uso responsable e sacarlle o máximo proveito ao equipamento.

Ademais, este obradoiro permitiu amosar as novas posibilidades que ofrece o material técnico para facer gravacións sinxelas por parte dos grupos de música que xa ensaian no local ou que nun futuro se poidan interesar nel.

10 mozos e mozas participaron no Obradoiro de Son que se impartiu na Factoría, en Biduído

Multimedia

  • 10 mozos e mozas participaron no Obradoiro de Son que se impartiu na Factoría, en Biduído