Solapas principales

100 mulleres poderán formarse a través dunha nova edición do programa integrado de emprego InserAmes Brión

Martes, 17 de noviembre de 2020

Os concellos de Ames e de Brión poñen en marcha unha nova edición do Programa Integrado de Emprego. Dirixido a 100 mulleres desempregadas, a formación orientarase ao traballo nos sectores socio sanitario, comercial e de atención ao público, ocio e tempo libre, turismo, limpeza, hostalería e manexo de maquinaria. Ademais, as participantes recibirán formación transversal en novas tecnoloxías e idiomas, técnicas de busca de emprego, marca persoal, comunicación, habilidades sociais e intelixencia emocional e emprendemento. Tamén contarán con titorías persoais que as acompañarán á hora de buscar emprego. O Programa está financiado con 213.599,74 € pola Consellería de Emprego e Igualdade e cofinanciado polos concellos de Ames e Brión. Para participar ou solicitar máis información do proceso de inscrición e do funcionamento do programa hai que cubrir este formulario.

Cen mulleres desempregadas participarán neste novo programa Integrado de Emprego dos Concellos de Ames e Brión.  O programa comezará a desenvolverse nas vindeiras semanas e  rematará en novembro do 2021.

Tras os resultados que se estan a acadar na edición actual do Programa Integrado de Emprego de Ames e Brión (2019-20) cunha porcentaxe de inserción laboral entorno ao 50% das persoas participantes, a concelleira de Promoción Económica, Ana Belén Paz destaca “a importancia desta formación que ten como obxectivo mellorar as posibilidades de acceso ao emprego a través da formación dos participantes”. Engade a concelleira que “o obxectivo desta nova edición é a mellora da empregabilidade e a cualificación laboral das participantes, nunha situación coma actual de especial dificultade e que afecta en maior medida a colectivos vulnerables, integrados fundamentalmente por mulleres.

Formación especializada e transversal
O obxectivo de inserción fixado para esta nova edición é do 40% das mulleres participantes, o cal supón un reto, dadas as circunstancias do mercado laboral actual debido a situación producida pola crise sanitaria. Para conseguir este obxectivo, durante o programa, as participantes recibirán formación teórica especializada con prácticas en empresas, elixindo a que máis se adapte aos seus intereses de entre diferentes itinerarios formativos propostos, deseñados dacordo coas oportunidades laborais da nosa comarca. Atención sociosanitaria, comercio e atención ao público, ocio e tempo libre, turismo, limpeza, hostalería ou manexo de maquinaria son algúns dos campos nos que se poderán formar as partiiàntes neste obtradoiro. 

Ademais, recibirán formación transversal en novas tecnoloxías e idiomas, técnicas de busca de emprego, marca persoal, comunicación, habilidades sociais,  intelixencia emocional e emprendemento. Tamén contarán co apoio de titorías persoais para o acompañamento na busca de emprego.

Impartirase, como formación homologada, o certificado de profesionalidade de “Atención socio sanitaria a persoas dependentes en institucións sociais” (SSCS0208). 

Ao longo do Programa as participantes tamén disporán dunha plataforma de teleformación cun amplo catálogo de cursos clasificados por familias profesionais e dos que poderán facer totalmente on line e coa flexiblidade que implica esta modalidade.

Requisitos para participar
Para poder participar, as interesadas deben ter a súa residencia nos concellos de Ames ou Brión e estar inscritas como desempregadas na oficina de emprego. Para participar ou solicitar máis información do proceso de inscrición e do funcionamento do programa hai que cubrir este formulario. A partir de aí, os axentes de promoción económica dos concellos de Ames e Brión, poranse en contacto coas interesadas.                                                                   

Datos de contacto:
Concello de Ames: Centro de Formación e Emprego (Rúa Costaneira, 2 - Urbanización de Aldea Nova) - teléfonos 608 459 678 e 663 711 876.
Concello de Brión: Servizo de Emprego. Casa da Cultura - Teléfono: 981 50 99 08.                                            
                                                           
Balance do Programa Integrado de Emprego Integrado de Emprego de Ames e Brión 2019-20.                                                                           
A edición 2019-20 do Programa Integrado de Emprego de Ames e Brión, que deu comezo en outubro de 2019 e remataba inicialmente en outubro de 2020, continúa en marcha dado que ampliou o seu período de execución para completar as actividades que non se puideron executar no período do estado de alarma para a xestión da situación de crise sanitaria. A nova data de finalización é o 31 de xaneiro de 2021. O programa está dirixido a 100 persoas desempregadas, das que 85 son menores de 30 anos e 15 maiores de 45. Ata a data actual, 51 persoas tiveron, alomenos, un contrato laboral.

Ao finalizar o programa terase realizado un total de 23 accións formativas presenciais. E xa realizaron ou van realizar prácticas non laborais 55 persoas participantes, asinando os correspondentes convenios de colaboración con empresas da comarca dos diferentes sectores relacionados coa formación impartida.

Novas relacionadas:

La Voz de Galicia: "El plan InserAmes Brión busca reducir el desempleo femenino"

El Correo Gallego: "Ames e Brión únense para apoiar ás mulleres no acceso ao emprego"

Revista AmesGo: "Un centenar de mulleres formaranse laboralmente no InserAmes Brión"

Participantes en obradoiros de emprego

Multimedia

  • Participantes en obradoiros de emprego de Ames
  • Participantes en obradoiros de emprego de Ames