Solapas principales

110 persoas participaron na ruta rosaliana “As Pegadas de Rosalía”

Lunes, 16 de septiembre de 2024

Os concellos de Ames, Brión, Dodro e Padrón organizaron este pasado sábado, 14 de setembro, unha saída pola ruta rosaliana que transcorreu polos lugares máis emblemáticos da vida de Rosalía de Castro e o seu legado literario. A ruta comezou no Pazo da Peregrina, en Bertamiráns, e rematou na igrexa de Santa María de Iría Flavia cun concerto de Manoele de Felisa, que interpretou varios poemas de Rosalía musicados por el. Esta ruta, a través da cal se pon en valor a vida e obra de Rosalía, tivo unha participación de 110 persoas. Durante o percorrido visitáronse os lugares pertencentes ao territorio destes concellos que marcaron a vida e a obra da nosa autora máis universal. Premendo nesta ligazón podes acceder a unha galería de fotos de dita ruta.

A xornada comezou ás 10.00 horas no Pazo da Peregrina, en Bertamiráns. Antes de comezar a ruta, os alcaldes de Ames, Blas García; Padrón, Anxo Rei, e Dodro, Xabier Castro; así como a concelleira de Brión, María Rosa Romero, déronlle a benvida a todos/as os/as participantes e destacaron a relación que tivo Rosalía de Castro cos seus respectivos concellos. Ademais, participaron na ruta o concelleiro de Xestión do Medio Natural, Atención ao Rural e Patrimonio, Javier Antelo, así como Oliva Agra e Pablo Beiroa do grupo municipal do Partido Popular.

Despois de estar no Pazo da Peregrina, os/as participantes desprazáronse ata a Casa da Tarroeira, en Ortoño, que foi propiedade da familia paterna de Rosalía. De seguido, fixeron unha pequena camiñada por detrás de dita casa, cara o Castro de Ortoño que rematou na Condomiña. A continuación fíxose un descanso para repoñer forzas.

Dende Ames, os/as participantes desprazáronse en autobús ata o concello de Brión, onde estiveron na igrexa de Bastavales, cuxas campás protagonizan un dos seus versos máis afamados e soaron para o deleite das persoas participantes. En Bastavales tamén se fixo un pequeno tramo da ruta a pé pola aldea de Soigrexa, lugar vinculado tamén a Rosalía, xa que alí tivo amizades.

Durante a ruta contouse coa colaboración de Lucía Picallo, guía oficial de Turismo de Galicia; e coa interpretación de dúas actrices: Ana Otero e Chiruca Tarrío, que estiveron caracterizadas de Rosalía de Castro.

Dende Brión, os/as participantes volveron desprazarse en autobús, neste caso a Padrón, onde a súa chegada tiveron tempo libre para descansar e comer. Xa pola tarde proseguirase o itinerario previsto polos concellos de Dodro e Padrón, visitando a escultura que se atopa no Espolón. Dende aí desprazáronse a Dodro, para visitar as Torres de Hermida, situadas en Lestrobe.

Despois de estar en Dodro, volveuse a Padrón para visitar a Casa da Matanza, última morada da autora e sede actual da fundación que leva o seu nome. O itinerario da ruta rematou na igrexa de Santa María de Iría Flavia cun concerto de Manoele de Felisa, que interpretou varios poemas de Rosalía musicados por el.

Difusión da vida e obra de Rosalía
Co obxectivo de poñer en valor estes lugares e achegalos á cidadanía, nesta ocasión configurouse unha experiencia tomando como base o seu valor paisaxístico e cultural engadindo información nova sobre a vida de Rosalía. Creouse un produto turístico a medida e específico, adaptado ás novas tendencias dun turismo cada vez máis experiencial, no cal as persoas asistentes participan no proceso e conectan cos valores dos territorios que se visitan.

Trátase dun itinerario que segue o trazado orixinal proposto por Avelino Abuín de Tembra na década dos noventa, actualizado polo presidente da Fundación Rosalía de Castro, Anxo Angueira, no ano 2017, e presentado na feira de turismo Fitur en colaboración con esta entidade, convertido nun proxecto turístico intermunicipal denominado “As Pegadas de Rosalía”, en xaneiro do ano 2018.

110 persoas participaron na ruta rosaliana “As Pegadas de Rosalía”

Multimedia

  • 110 persoas participaron na ruta rosaliana “As Pegadas de Rosalía”