Solapas principales

190 nenos e nenas participan na última quincena da Escola de Verán

Viernes, 16 de agosto de 2019

Este venres, 16 de agosto, comeza a última quincena da Escola de Verán. No mes de  agosto os nenos e nenas da Escola de Verán converteranse en protagonistas creando os seus propios estilos e bandas musicais. Mediante estes programas, o Concello de Ames, a través da Concellaría de Educación, busca facilitarlle ás familias a conciliación entre a vida laboral e familiar durante a época estival. Nesta segunda quincena do mes de agosto, participan no programa 190 rapaces e rapazas (95 en Bertamiráns e 95 no Milladoiro). Ao longo do verán, 481 rapaces e rapazas asistirán á Escola de Verán 2019 en ambos núcleos.

A programación de agosto da Escola de Verán leva por título “Rachando o vento”. Nesta segunda quincena do mes de agosto, participan no programa 190 rapaces e rapazas: 95 en Bertamiráns (48 de infantil e 47 de primaria) e 95 no Milladoiro (38 de infantil e 57 de primaria). Ao longo do verán, 481 rapaces e rapazas asistirán á Escola de Verán 2019 en ambos núcleos.

Despois de acompañar á Tropa de Trapo a través das diferentes mostras de arte urbana, neste mes de agosto os nenos e nenas da Escola de Verán converteranse en protagonistas creando os seus propios estilos e bandas musicais. A música forma parte do noso día a día, a música dá sentido ás nosas emocións, inquedanzas, forma parte de cada un e cada unha de nós. Non é preciso ir a unha academia ou a unha escola para ter sentido musical. Desde que nacemos o ritmo do noso corazón acompáñanos ao longo de toda a vida.

Por este motivo, a través desta proposta educativa centrada na educación musical, preténdese agudizar os nosos sentidos musicais empregando a nosa realidade máis próxima: o noso propio corpo, materiais de refugallo, elementos da natureza... Finalizará a proposta coa preparación dunha festa final na que os nenos e nenas demostrarán as súas habilidades ao resto do grupo.

A arte urbana
Cómpre lembrar que no mes de xullo as actividades da Escola de Verán xiraron en torno á arte urbana (parkour, música, graffiti, skate, etc.) a través de distintas actividades orientadas a que os cativos/as exteriorizasen a súa creatividade. Así, os rapaces e rapazas participaron en diversas actividades enfocadas no traballo en equipo, o exercicio e a diversión. Ademais, estas actividades e dinámicas completáronse con xogos de distensión, speak and play, xogos na natureza, xogos cooperativos, diverciencia e moitas alternativas para gozar un verán diferente.

Deste xeito, o obxectivo desta proposta é descubrir as habilidades artísticas dos nenos e nenas a través das expresións de arte na cultura urbana, ao tempo que se normaliza entre eles o uso do galego e das particularidades culturais de Galicia á hora de crear, partindo sempre da base de que todos e todas podemos crear arte urbana e aportar algo á nosa sociedade.

Actividade de música da Escola de verán

Multimedia

  • Actividade de música da Escola de verán
  • Tempo de xogo libre na Escola de verán
  • Tempo de xogo libre na Escola de verán