Solapas principales

32 nenas e nenos de Tardes divertidas da EEI Milladoiro participan nunha andaina do programa SaúdeAndo

Viernes, 27 de mayo de 2022

O Concello de Ames, a través da Concellaría de Promoción da Saúde, está desenvolvendo dende o pasado mes de xaneiro o programa de andainas saudables “SaúdeAndo”, que se realiza todos os xoves pola tarde dende os centros de saúde de Bertamiráns e do Milladoiro. Nesta ocasión sumou a esta iniciativa ao alumnado que participa no programa Tardes divertidas da EEI Milladoiro. A través deste tipo de actividades trátase de fomentar a práctica deportiva e mailos hábitos saudables entre os nenos e nenas.

O programa SaudeAndo que botou a andar alá polo pasado mes de xaneiro prosegue coas andainas previstas, pero ademais nesta ocasión sumou á rapazada que participa no servizo de Tardes Divertidas da EEI Milladoiro. As andainas do SaúdeAndo son unha iniciativa da Concellaría de Promoción da Saúde, en colaboración cos dous centros de saúde do concello.

Deste xeito, un grupo de 32 nenas e nenos  de 3 a 6 anos participaron o pasado xoves, 19 de maio, nunha tarde de SaúdeAndo con marcha nórdica. As nenas e nenos estiveron acompañados de 5 monitores e gozaron de hora e media de paseo polo entorno da escola infantil, mentres se familiarizaron coa práctica da marcha nórdica da man de Ricardo Anguiera.

Cómpre lembrar que o programa SaúdeAndo inclúe un total de 38 andainas ao longo de todo o ano, con 20 rutas circulares dende o centro de saúde do Milladoiro e outras 18 dende o de Bertamiráns. As primeiras saídas adiántanse neste 2022 dous meses, ante a forte demanda das persoas participantes, polo que nesta edición do itinerario só parará a actividade en xullo e agosto.

As sesións teñen lugar ás 17:30 horas, alternando cada xoves entre os centros de saúde do Milladoiro e de Bertamiráns, e sempre van acompañadas dun monitor de marcha nórdica, que instrúe ás persoas que desexen voluntariamente practicar esta modalidade. As sesións teñen unha dificultade media-baixa e duran entre unha hora e unha hora e media.

A concelleira de Promoción da Saúde, Luísa Feijóo, destaca que “dá gusto ver como unha actividade que xurdiu de forma puntual, foi medrando ano a ano ante a demanda das propias participantes, ata converterse nunha cita semanal case obrigada cun grupo estable e cada vez máis numeroso. Deixou de ser unha actividade puntual para converterse nunha cita semanal con un gran compoñente social e socializador ao que agora ata se apuntou a nosa veciñanza máis nova”.

32 nenas e nenos de Tardes divertidas da EEI Milladoiro participan nunha andaina do programa SaúdeAndo

Multimedia

  • 32 nenas e nenos de Tardes divertidas da EEI Milladoiro participan nunha andaina do programa SaúdeAndo
  • 32 nenas e nenos de Tardes divertidas da EEI Milladoiro participan nunha andaina do programa SaúdeAndo
  • 32 nenas e nenos de Tardes divertidas da EEI Milladoiro participan nunha andaina do programa SaúdeAndo
  • 32 nenas e nenos de Tardes divertidas da EEI Milladoiro participan nunha andaina do programa SaúdeAndo