Solapas principales

38 nenas e nenos partiron hoxe para a Granxa Escola Barreiros

Miércoles, 26 de julio de 2017

[26-07-2017] Desde hoxe e ata o venres, 38 nenas e nenos amesás, estarán de campamento na Granxa Escola Barreiros, en Sarria. Alí, terán a oportunidade de achegarse á natureza e aos traballos tradicionais, así como de realizar un tramo dunha das rutas xacobeas.

Fundada en 1984, A Granxa Escola Barreiros é un proxecto de educación cultural e ambiental situado en Sarria. Desde hoxe e ata o venres, acollerá a primeira quenda de nenas e nenos amesás, 38 en total de 1º e 2º de primaria, que durante tres días gozarán do contacto coa natureza. De igual maneira, desde este sábado e ata o vindeiro luns, estará en Barreiros un segundo grupo conformado por 36 nenas e nenos, alumando tamén do primeiro ciclo de primaria.

Nesta granxa escola as e os participantes poderán achegarse aos traballos tradicionais, coa realización de produtos como queixo e manteiga. Asemade, tamén farán un tramo dunha das rutas xacobeas e desenvolverán diversos xogos e veladas.