- Tematica
O salón de actos da Casa de Cultura do Milladoiro acolleu a entrega de diplomas do programa Em-Femenino e do curso de repoñedora de grandes superficies. Estas accións formativas contaron coa participación de preto de 40 mulleres, pero non todas puideron asistir a entrega de diplomas. O programa Em-Femenino consistiu nun itinerario personalizado para adaptar as habilidades de cada unha das participantes para para a busca activa de emprego, dirixido a promover a igualdade de oportunidades para mulleres que por razóns vinculadas co seu xénero, procedencia, etc. teñen maiores dificultades no acceso ao mercado de traballo. Ademais, participaron nun curso de repoñedora de grandes superficies.
En febreiro de 2019 asinouse un convenio entre o Concello de Ames, a través da Concellería de Benestar Social, e a Fundación Amigos de Galicia para desenvolver o programa Em-Femenino.
Tratouse dun itinerario personalizado para adaptar as habilidades de cada unha das participantes para a busca activa de emprego, dirixido a promover a igualdade de oportunidades para mulleres que por razóns vinculadas co seu xénero, procedencia, etc. teñen maiores dificultades no acceso ao mercado de traballo. Ademais, participaron nun curso de repoñedora de grandes superficies.
No acto de entrega dos diplomas estiveron presentes o director da Fundación Amigos de Galicia, Jesús Busto, e a concelleira de Benestar Social, Igualdade, Voluntariado e Promoción da saúde, Luísa Feijóo. Tamén asistiron a educadora familiar da UTS do Milladoiro, María José Gallardo. Estas accións formativas contaron coa participación de preto de 40 mulleres, pero non todas puideron asistir a entrega de diplomas.
A concelleira de Benestar Social, Luísa Feijóo, destaca que “estes programas son moi importantes para poder traballar tanto as habilidades sociais das participantes como o proceso de acompañamento e apoio no proceso de busca activa de emprego. Tamén hai que resaltar do programa Em-Femenino a parte formativa que tanta falta lles fai e lles permite achegarse directamente ao posto de traballo así como ás empresas”.