Solapas principales

50 persoas participan na excursión á Casa de Rosalía de Castro organizada polo Concello de Ames

Martes, 20 de febrero de 2024

O Concello de Ames, a través do departamento de Normalización Lingüística, organizou o pasado sábado, 17 de febreiro, unha ruta por algúns dos lugares emblemáticos da vida e da obra de Rosalía de Castro con motivo da conmemoración do aniversario da autora. A excursión, na que participaron cincuenta persoas, estivo dirixida pola profesora e experta rosaliana María López Sández, e rematou na Casa-Museo da escritora, en Padrón.

Un ano máis, o Concello de Ames conmemora o aniversario do nacemento de Rosalía de Castro con numerosas actividades coas que se pretende revitalizar a figura da autora e lembrar a súa vida e obra, así como dar a coñecer a súa faceta máis comprometida e feminista. A programación ao completo co gallo do Día de Rosalía pódese consultar premendo nesta ligazón.

Entre as diversas propostas figura a xa tradicional excursión “Viaxando con Rosalía” na que se fai un percorrido por localizacións emblemáticas da vida e da obra da autora, e que tivo lugar o pasado sábado, 17 de febreiro. Os asistentes estiveron acompañados de María López Sández, profesora, escritora e experta rosaliana veciña de Ames. A cita, que pretendía lembrar os vínculos que unen á escritora co concello de Ames, contou cunha ampla participación.

A primeira parada da visita foi en territorio amesán, na casa situada na Tarroeira, na parroquia de Ortoño, onde Rosalía pasou parte da súa infancia e visitaba decotío ás súas tías paternas. A saída continuou en Bastavales, na parroquia de Brión, onde se atopa a igrexa cuxas campás protagonizaron un dos versos máis soados da autora. Os asistentes tiveron a oportunidade de entrar ao templo, de escoitar o son das ditas campás e de subir ao campanario. Así mesmo, tamén puideron entrar na Capela do Carme.

A excursión rematou no Concello de Padrón, na Casa-Museo Rosalía de Castro. Alí, Sández fixo un percorrido polas diferentes estancias do edificio e comentou distintas etapas da vida e da obra da autora.

Novas relacionadas:

La Voz de Galicia: "Medio centenar de personas se unieron este fin de semana a la ruta «Viaxando con Rosalía»"

50 persoas participan na excursión á Casa de Rosalía de Castro organizada polo Concello de Ames

Multimedia

  • 50 persoas participan na excursión á Casa de Rosalía de Castro organizada polo Concello de Ames