Solapas principales

80 persoas participaron nos cursos de informática impartidos nos locais sociais das parroquias

Sábado, 20 de enero de 2024

A Aula Municipal Tecnolóxica da Información e da Comunicación (AMTIC) organizou un programa de novos cursos de informática para o desenvolvemento dixital no medio rural, que se impartiron dende o pasado mes de outubro nos locais sociais de Agrón, Bugallido, Biduído, Augapesada, Covas, Tapia, Ameixenda e Ortoño. A formación, que foi de balde, incluíu 25 horas de clases prácticas, que se desenvolveron en clases de dúas horas, un día á semana. Un total de 80 persoas participaron en ditos cursos. Unha vez rematado os cursos, as persoas participantes recibiron os diplomas que acreditan o correcto aproveitamento de dita formación.

Este xoves, 17 de xaneiro, pola tarde, o auditorio da Casa da Cultura do Milladoiro acolleu o acto de entrega dos diplomas dos cursos de informática organizados pola Aula AMTIC para o desenvolvemento dixital no medio rural. En dito acto participaron o alcalde de Ames e responsable das áreas de tecnoloxías da comunicación e informática, Blas García; a concelleira de servizos económicos, deportes e promoción da saúde, Susana Señorís; o concelleiro de urbanismo, administración xeral e mobilidade, Víctor Fernández; a concelleira de promoción económica e atención e participación veciñal, Ana Belén Paz; e mailo concelleiro de xestión do medio natural e atención ao rural, Javier Antelo.

O alcalde e responsable das áreas de tecnoloxías da comunicación e informática, Blas García, destaca a importancia de impartir cursos de informática no rural “para que toda a poboación teña acceso a coñecementos moi necesarios na vida cotiá actual. As formacións tiveron como obxectivo o achegamento da veciñanza das parroquias ao desenvolvemento dixital”.

Estes cursos de alfabetización informática para o rural impartíronse dende o pasado mes de outubro. O temario destes cursos abarcou a navegación por internet (busca en liña e navegación segura), o uso do correo electrónico (creación de contas e envío de correos), a introdución a Windows, a utilización de Office en liña, o uso de imaxes, a impresión de documentos, a introdución á folla de cálculo (formato de celas e gráficos básicos) e o uso do teléfono intelixente (configuración e axustes iniciais, chamadas e mensaxes de texto, aplicacións de mensaxería, uso da cámara, agregar e eliminar contactos...).

Estas actividades impartíronse nos locais sociais de Agrón, Bugallido, Biduído, Augapesada, Covas, Tapia, Ameixenda e Ortoño. Os luns, o curso tivo lugar en Agrón (de 16:15 a 18:15 horas). Os martes, foi a quenda de Bugallido (tamén en horario de 16:15 a 18:15 horas) e de Biduído (de 19:00 a 21:00 horas). En Augapesada e Covas a formación desenvolveuse os mércores (de 16:15 a 18:15 e de 19:00 a 21:00 horas), respectivamente. O xoves as clases foron en Tapia (de 16:15 a 18:15 horas) e na Ameixenda (de 19:00 a 21:00 horas). Para rematar, os venres impartiuse no centro social de Ortoño (de 17:00 a 19:00 horas).

Novas relacionadas:

La Voz de Galicia: "Informática en el rural"

80 persoas participaron nos cursos de informática impartidos nos locais sociais das parroquias

Multimedia

  • 80 persoas participaron nos cursos de informática impartidos nos locais sociais das parroquias