Solapas principales

Aberto o prazo de inscrición da Campaña de Neve da Deputación da Coruña na estación de Valgrande – Pajares

Viernes, 03 de diciembre de 2021

Ames é un dos concellos participantes na campaña de esquí organizada pola Deputación da Coruña entre o 14 de xaneiro e o 21 de febreiro. A rapazada participante, nada entre o 2006 e o 2009, gozará de catro días na estación de inverno asturiana Valgrande – Pajares, onde realizarán cursos de esquí e outras actividades complementarias. As inscricións están abertas para as trece prazas que ten asignadas Ames, ata o 14 de decembro, entregando esta solicitude nos rexistros municipais.

As mozas e mozos amesás viaxarán a Asturias na segunda das cinco quendas de concellos que establece a Deputación, do 21 ao 24 de xaneiro. A cota de inscrición, de 85 euros, inclúe transporte, estadía e manutención na estación invernal de Valgrande-Pajares, así como monitores, clases de esquí, seguros, alugamento de material, remontes mecánicos e todo o gasto que ocasionen estas actividades e cursos.

O número de prazas ofertadas á rapazada nada entre o 2006 e o 2009 para o concello de Ames é de trece, ás que só poden optar as persoas empadroadas no municipio. Ademais, terán preferencia as mozas e mozos que non foran a ningunha campaña de neve anterior da Deputación. No caso de que as solicitudes excedan o número de prazas, o día 15 de decembro ás 12:00 horas realizarase un sorteo público destas no Salón de Plenos da Casa do Concello, en Bertamiráns.

Recoméndaselle ás persoas asistentes levar consigo certa roupa e equipamento se fora posible, como un gorro, luvas, gafas de esquí ou de sol, anorak térmico, pantalóns impermeables, roupa de rúa e deportiva, chuvasqueiro, unha mochila pequena, útiles de aseo, pixamas e roupa interior, así como crema protectora solar cun factor mínimo de 25.

Información sobre o proceso de inscrición

A inscrición debe de formalizarse ata o 14 de decembro, de luns a venres de 9:00 a 14:00 horas, nos rexistros municipais da Casa do Concello de Bertamiráns, das oficinas municipais do Milladoiro, ou ben a través da sede electrónica do Concello de Ames. As persoas responsables dos menores que queiran participar deben entregar a ficha de inscrición asinada, unha fotocopia da tarxeta sanitaria, e unha copia do documento de identidade ou libro de familia. Unha vez confirmada a praza, débese entregar unha copia do aboamento da cota de inscrición.

No caso de que algunha nena ou neno participante precise dun tratamento específico ou sufra dalgunha doenza que haxa que ter en conta, haberá que achegar un xustificante médico asinado polo facultativo pertinente. Tamén é importante especificar as alerxias alimentarias ou de calquera outro tipo.

Para máis información pódese acudir á esta páxina web da Deputación da Coruña, chamar ao número de teléfono 981 080 644 ou enviar un correo electrónico ao enderezo gabinete.deportes@dicoruna.gal.

Novas relacionadas

La Voz de Galicia: "Ames abre la inscripción para la campaña de nieve en Pajares"

Aberto o prazo de inscrición da Campaña de Neve da Deputación da Coruña na estación de Valgrande – Pajares

Multimedia

  • Aberto o prazo de inscrición da Campaña de Neve da Deputación da Coruña na estación de Valgrande – Pajares