Solapas principales

Ábrese o prazo de inscrición para “Brincadeiras Miúdas”

Lunes, 17 de agosto de 2020

Ao abeiro do programa Apego, a concellaría de Normalización Lingüística pon en marcha “Brincadeiras Miúdas”, catro xornadas de xogos, bailes, cantos e contadas ao aire libre que se desenvolverán o 25 e 26 de agosto no pazo da Peregrina, en Bertamiráns, e o 1 e 2 de setembro no parque dos Piñeiros de Milladoiro. Animarán as sesións os Xogos do Paporrubio e Cé Orquestra Pantasma. A actividade está dirixida a familias con nenos e nenas de 2 anos en diante. O prazo de inscrición comeza hoxe e alóngase até o 24 de agosto. O aforo é limitado para garantir as normas de seguridade.

Dóus espectáculos conforman o cartel de “Brincadeiras Miúdas”: Os Xogos do Paporrubio e Cé Orquestra Fantasma. Ámbolos dóus inclúen no seu formato xogos, contos, cancións e bailes axeitados para que os nenos e nenas que asistan e as familias que os acompañen podan participar desa festa ao aire libre nas que compartir tempo de lecer e diversión en galego é un dos obxectivos principais.

Os xogos do Paporrubio
Xogos do Paporrubio estarán o 25 de agosto no pazo da Peregrina, en Bertamiráns, e o 1 de setembro no parque dos Piñeiros, ao carón da piscina municipal descuberta do Milladoiro. Trátase dun compendio de xogos autónomos e animados de temática agraria, que nos dá a coñecer un dos paxaros máis pequenos, rebuldeiros e cantaruxeiros da nosa fauna. O  paporrubio, calzado cuns zoquiños, guía a nenos e maiores por unha eira chea de xogos. Os participantes nesta aventura terán que ir descubrindo como se xoga a algúns dos xogos, mentres que se sorprenderán noutros deles grazas ás pequenas historias contadas e cantadas polos animais e habitantes da granxa. Xoguetes, marionetas, música e sobre todo xogo en familia son as bases sobre as que se substentan os “Xogos do Paporrubio”.

Cé Orquestra Pantasma
Cé Orquestra Pantasma visita con asiduidade o noso concello e sempre acada un gran éxito a través do programa Apego. Desta volta trae o espectáculo: “A xogar, cantar e bailar”. O espectáculo inclúe un concerto de case unha hora de duración e un obradoiro de brinquedos naturais que sen dúbida moverán o maxín das crianzas e das familias e lembrarán que a rúa segue a ser un espazo único e indispensable para xogar e a natureza a mellor feira xogueteira.

Prazos e requisitos de inscrición
Hoxe, 17 de agosto, ábrese o prazo de inscrición para as “Brincadeiras Miñudas”. As persoas que queiran participar deben enviar un  correo a normalización@concello deames.gal. No correo debe especificarse os días que se vai asistir, o nome e apelido das persoas que participarán, a idade das criaturas e un teléfono de contacto. Poderán participar as familias con nenos de dous anos en diante. Cómpre salientar que se limita o aforo destes eventos por mor de garantir a seguridade.

Novas relacionadas:

El Correo Gallego: "Cé Orquestra e Xogos do Paporrubio para os amesáns máis novos"

Cartaz de Brincadeiras Miudas