Solapas principales

Aberto o prazo de inscrición para o campamento urbano de Nadal que organiza a Aula da Natureza

Lunes, 18 de diciembre de 2023

A Aula da Natureza organiza, dentro da programación de Nadal do Concello de Ames, un campamento urbano de inverno para rapaces de entre 6 e 14 anos no que participarán en diversas actividades e obradoiros relacionados co Nadal. O campamento terá lugar os días 27, 28 e 29 de decembro en horario de mañá e tarde. As familias interesadas en inscribir aos seus fillos/as deben enviar o impreso de inscrición ao enderezo de correo electrónico  auladanatureza@concellodeames.gal. Para máis información pódese chamar ao número de teléfono 660 00 46 65.

A programación de Nadal do Concello de Ames inclúe varias actividades organizadas pola Aula da Natureza. A comezos deste mes de decembro organizou dous obradoiros de adornos para portas (dirixidos a público adulto) que se impartiron o sábado 9 de decembro e mailo domingo 10, en horario de 11:00 a 14:00 horas. En cada un dos obradoiros elaboráronse decoracións para portas con salgueiros, ramas secas e flores propias do inverno.

Ademais, organízase un campamento urbano de Nadal, que está dirixido a rapaces e rapazas de 6 a 14 anos. Dito campamento realizarase nas instalacións da Aula da Natureza, na Ameixenda, os días 27, 28 e 29 de decembro. As inscricións poden tramitarse para os tres días ou para días soltos. Durante estes tres días de campamento, os/as rapaces e rapazas participarán en obradoiros de cestería e manualidades, nos que que empregarán materias naturais. Tamén farán nunha excursión á carballeira dos Trasnos, en Ventín, e participarán en diversos xogos.

Haberá servizo de autobús, que sairá ás 10:30 horas dende a Casa da Cultura do Milladoiro e ás 10:45h do Pazo da Peregrina, en Bertamiráns. Os rapaces e rapazas estarán de volta ás 17:45h no Pazo da Peregrina e ás 18:00h na Casa da Cultura do Milladoiro. Os nenos e nenas que participen no campamento teñen que levar a comida da casa. Na Aula prepararanlle un chocolate quente pola tarde.

As familias interesadas en inscribir aos seus fillos/as deben enviar o impreso de inscrición ao enderezo de correo electrónico  auladanatureza@concellodeames.gal. Para máis información pódese chamar ao número de teléfono 660 00 46 65.

Imaxe de arquivo do campamento urbano de verán