Solapas principales

Aberto o prazo de inscrición para os cursos de natación nas piscinas descubertas municipais

Miércoles, 12 de junio de 2024

Hoxe, 12 de xuño, abre o prazo de inscrición para a primeira quenda dos cursos de natación deste verán, que se desenvolverán ao longo do mes de xullo. En agosto realizaranse unha nova quenda de cursos de natación, para os que será necesario inscribirse entre o 15 e o 28 de xullo. Estas actividades terán lugar de luns a venres, tanto na piscina descuberta de Bertamiráns coma na do Milladoiro. Esta iniciativa está organizada pola Concellaría de Deportes en colaboración coa Deputación da Coruña. As inscricións hai que tramitalas a través da plataforma Cronos.

Coa chegada da época estival comeza o prazo de inscrición para os cursos de natación do mes de xullo. Así, dende o 12 ata o vindeiro día 25 de xuño, estará aberto o prazo para inscribirse nalgunha das tres quendas destas actividades. Ditas quendas están organizadas en función da idade dos/as participantes. Porén, as persoas que prefiran acudir aos cursos de natación que se impartirán en agosto deberán realizar a inscrición entre o 15 e o 28 de xullo. Os cursos están organizados pola Concellaría de Deportes en colaboración coa Deputación da Coruña.

Tanto os cursos de xullo como os do mes de agosto están organizados en función da idade das e dos participantes, polo que ambos manterán os mesmos horarios. Ás 12:00h comezarán os rapaces e as rapazas que superen os 9 anos de idade, mentres que ás 12:45h será a quenda dos/as nenos/as de 6 a 8 anos. A continuación, ás 13:30h, entrará na piscina a rapazada de 3 a 5 anos, que serán os últimos en mergullarse na auga.

Trámites de inscrición
As inscricións hai que tramitalas de xeito telemático a través da plataforma Cronos. Os impresos para facer efectivo o pagamento (autoliquidación) poderá solicitarse nas oficinas de Recadación, de xeito presencial. Existen dúas oficinas de Recadación, unha no Milladoiro, na rúa da Viorneira, número 6; e outra en Bertamiráns, na praza da Horta de Abaixo, número 6. Tamén se pode solicitar en horario de tarde os luns e mércores, de 16:15h a 18:30 horas.

Outra opción é facelo a través do correo electrónico ames@canaltributos.com ou chamando ao número de teléfono 981 88 48 96. No caso de dispor de certificado dixital ou DNI electrónico poderá descargar o documento de pago e aboar o importe a través do enlace da Oficina Virtual Tributaria.

Prezos dos cursos
No tocante ao prezo, cada familia deberá abonar 20 euros, reducíndose a 10 para segundos membros e a 5 para terceiros e restantes. Para máis información poden enviar un correo electrónico aos enderezos deportes@concellodeames.gal / deportes.milladoiro@concellodeames.gal ou chamar aos números de teléfono 981 535 940 ou 619 842 504.

Aberto o prazo de inscrición para os cursos de natación nas piscinas descubertas municipais

Multimedia

  • Aberto o prazo de inscrición para os cursos de natación nas piscinas descubertas municipais