- Tematica
65 negocios de Ames adheríronse á campaña da Xunta “Bonos Activa Comercio”. As persoas que soliciten estes vales, terán ata 30 euros de desconto. Para adquirilos, é preciso descargalos, ata o 3 de agosto, rexistrándose na páxina web e descargando o bono QR na APP “Bonos Activa Comercio”. Os establecementos poderanse darse de alta no programa, ata o 15 de maio, premendo nesta ligazón.
O Concello de Ames, a través da Concellaría de Promoción Económica, informa de que, dende o pasado 3 de maio, está aberto o prazo para facer uso dos “Bonos Activa Comercio” que activou a Xunta de Galicia.
En Ames adheríronse 65 negocios. Os veciños e veciñas poderán facer usos destes bonos, cos que se benefician de ata 30 euros de descontos, en comercios de roupa, de produtos tecnolóxicos, librarías ou ópticas, entres outros. Podes consultar a listaxe completa dos negocios de Ames que participan na campaña premendo nesta ligazón.
Esta iniciativa da Xunta de Galicia, en colaboración coa Federación Galega do Comercio e as Asociacións Provinciais, forma parte do paquete de medidas específicas para o sector que o Goberno galego está a poñer en marcha para acompañar o comercio de proximidade na súa reactivación, e que contará cando menos con 20 millóns de euros en axudas para reforzar a competitividade do sector a través de iniciativas que permitan a súa modernización e incentiven o consumo.
Os comercios que se queiran adherir á campaña poderán facelo, ata este sábado 15 de maio, premendo nesta ligazón. Entre outros requisitos, deberán cumprir coas medidas de prevención fronte á Covid-19, para o que poderán adherirse á plataforma Comercio Seguro impulsada pola Xunta de Galicia.
A concelleira de Promoción Económica, Ana Belén Paz, anima á veciñanza a facer uso dos Bonos Activa Comercio da Xunta de Galicia nos establecemos de Ames. “Hai 65 establecementos de Ames adheridos a esta campaña, algo que é positivo para o comercio local de Ames, xa que os veciños e veciñas poderán facer usos destes bonos, cos que se benefician de ata 30 euros de descontos, en comercios de roupa, de produtos tecnolóxicos, librarías ou ópticas, entres outros”.
Como descargalo?
O primeiro paso é darse de alta na páxina web . Tras confirmar o rexistro cun SMS que enviará a plataformar, deberase activar e descargar o bono.
Como funciona?
Cada cliente disporá como máximo dun bono desconto por un importe de 30€ que poderá descontar en función do crédito dispoñible nos distintos establecementos comerciais adheridos e que estarán identificados co distintivo da campaña.
Tendo en conta que por compras superiores a 30€ o desconto máximo é de 5€, co bono poderase, por exemplo, facer un máximo de 6 compras por importes superiores a 30€ cada unha. Se o importe da compra é superior a 50€ o desconto a aplicar será de 10€, polo que se todas as compras fosen por ese importe, poderíase facer ata 3 compras.
Para facer uso deste vale, deberase ensinar o código QR ao comerciante no momento do pago para que aplique o desconto.
Novas relacionadas:
La Voz de Galicia: "Abierto el plazo para utilizar los bonos de la Xunta en 65 comercios de Ames"