Solapas principales

Aberto o prazo para participar na xornada formativa “Pragas e doenzas dos castiñeiros”, o 11 de outubro

Miércoles, 05 de octubre de 2022

A Concellaría de Medio Ambiente informa de que xa está aberto o prazo para inscribirse na xornada formativa “Pragas e doenzas dos castiñeiros”, impartida por persoal do Centro de Desenvolvemento Agroforestal de Riós. Será o próximo martes 11 de outubro, de 10:00 a 14:00 horas, no local social de Piñeiro. As inscricións están abertas e poden realizarse ata o 10 de outubro, enviando un correo ao enderezo electrónico auladanatureza@concellodeames.gal.

A Concellaría de Medio Ambiente continúa a súa oferta formativa cunha charla sobre os castiñeiros e as pragas e doenzas que lle poden afectar. A xornada, que se desenvolverá o 11 de outubro no local social de Piñeiro, de 10:00 a 14:00 horas, está impartida por persoal do Centro de Desenvolvemento Agroforestal de Riós (Ourense).

A chegada do outono e a importancia do castiñeiro nos ecosistemas de Galicia fai que a temática desta xornada sexa de interese para a veciñanza de Ames, en especial para produtores en activo, persoas que manteñan unha actividade agraria ou queiran iniciala, ou persoas desempregadas en busca de formación no eido do sector primario.

Ao longo da xornada farase un percorrido polas posibles doenzas ou pragas que poidan sufrir os castiñeiros, como a da avespa do castiñeiro ou “Dryocosmus kuriphilus”, unha nespra orixinaria da China que ataca á meirande parte de variedades cultivadas.

As inscricións para esta actividade xa están abertas e poderán realizarse ata o 10 de outubro, enviando un correo ao enderezo electrónico auladanatureza@concellodeames.gal.

Novas relacionadas:

El Correo Gallego: "Queda aberto o prazo para a formación sobre pragas nos castiñeiros"

AMSGO!: "O Concello organiza un curso para aprender a identificar pragas e doenzas nos castiñeiros"

Aberto o prazo para participar na xornada formativa “Pragas e doenzas dos castiñeiros”, o 11 de outubro

Multimedia

  • Aberto o prazo para participar na xornada formativa “Pragas e doenzas dos castiñeiros”, o 11 de outubro