Solapas principales

Abre o prazo de inscrición para participar nos cursos de natación do mes de agosto das piscinas descubertas

Lunes, 15 de julio de 2024

Dende o 15 ata o 28 de xullo está aberto o prazo de inscrición para participar na segunda quenda dos cursos de natación organizados polo departamento de Deportes do Concello de Ames para este verán, que se desenvolverá no mes de agosto. Estas actividades impártense de luns a venres, nas piscinas descubertas municipais de Bertamiráns e do Milladoiro. Durante o mes de xullo están participando 57 rapaces e rapazas; 34 no Milladoiro e 23 en Bertamiráns. A iniciativa conta coa colaboración da Deputación da Coruña. As inscricións deben ser tramitadas a través da plataforma Cronos.

Co inicio do mes de xullo comezaron os cursos de natación, que se imparten nas piscinas municipais descubertas de Bertamiráns e do Milladoiro. Os rapaces e rapazas que queiran participar nas clases do mes de agosto están a tempo de inscribirse, xa que o prazo para anotarse vai dende hoxe, luns 15 de xullo, ata o domingo 28 de xullo. Durante o mes de xullo están participando 57 rapaces e rapazas; 34 no Milladoiro e 23 en Bertamiráns.

Tanto os cursos de xullo como os do mes de agosto están organizados en función da idade das e dos participantes, polo que ambos manteñen os mesmos horarios. Ás 12:00h comezan os rapaces e as rapazas que superan os 9 anos de idade, mentres que ás 12:45h é a quenda dos/as nenos/as de 6 a 8 anos. A continuación, ás 13:30h, entra na piscina a rapazada de 3 a 5 anos, que son os últimos en mergullarse na auga.

Trámites de inscrición
As inscricións hai que tramitalas de xeito telemático a través da plataforma Cronos. Os impresos para facer efectivo o pagamento (autoliquidación) poden solicitarse nas oficinas de Recadación, de xeito presencial. Existen dúas oficinas de Recadación, unha no Milladoiro, na rúa da Viorneira, número 6; e outra en Bertamiráns, na praza da Horta de Abaixo, número 6. Tamén se pode solicitar en horario de tarde os luns e mércores, de 16:15h a 18:30 horas.

Outra opción é facelo a través do correo electrónico ames@canaltributos.com ou chamando ao número de teléfono 981 88 48 96. No caso de dispor de certificado dixital ou DNI electrónico pódese descargar o documento de pago e aboar o importe a través do enlace da Oficina Virtual Tributaria.

Prezos dos cursos
No tocante ao prezo, cada familia debe abonar 20 euros, reducíndose a 10 para segundos membros e a 5 para terceiros e restantes. Para máis información pódese enviar un correo electrónico aos enderezos deportes@concellodeames.gal / deportes.milladoiro@concellodeames.gal ou chamar aos números de teléfono 981 535 940 ou 619 842 504.

Abre o prazo de inscrición para participar nos cursos de natación do mes de agosto das piscinas descubertas

Multimedia

  • Abre o prazo de inscrición para participar nos cursos de natación do mes de agosto das piscinas descubertas