A Concellaría de Benestar Social, a través da Oficina do Voluntariado de Ames, pon en marcha unha nova edición do obradoiro de viticultura e horticultura. Actualmente xa está aberto o prazo para inscribirse nesta actividade que comeza o 9 de outubro e se vai impartir todos os luns, ás 20.00 horas, na Casa da Cultura do Milladoiro. Este taller combinará clases teóricas con saídas para realizar prácticas. Para inscribirse neste seminario é preciso acudir de xeito presencial á Oficina de Voluntariado de Ames, situada na Casa da Cultura de Bertamiráns, ou chamar ao número de teléfono 662 377 044.
Un ano máis, a Oficina de Voluntariado do Concello de Ames pon en marcha o seminario de viticultura. Así, o vindeiro luns, 9 de outubro, comeza esta actividade na que se tratarán todos os aspectos referidos ao cultivo e á saúde do viñedo como, por exemplo, as castes propias de Galicia, os marcos de plantación máis axeitados, as distintas maneiras de guiar os bacelos ou as técnicas de poda que se deben aplicar.
Ademais, este ano o curso tamén tratará sobre o mundo da horticultura. Así, o seminario de viticultura supón unha maneira formidable de mellorar as explotacións vinícolas e hortícolas, tanto profesionais como domésticas. As clases serán impartidas por Ramón Vázquez, que contará con outras dúas persoas que lle axudarán na impartición dos contidos do curso.
As aulas realizaranse os luns, de 20:00h a 21:30 horas, na aula de usos múltiples da Casa da Cultura do Milladoiro. O seminario estenderase entre os meses de outubro a xuño. Os interesados en inscribirse aínda están a tempo de anotarse nas últimas prazas dispoñibles, para o que poderán acudir de xeito presencial á Oficina de Voluntariado de Ames, situada na Casa da Cultura de Bertamiráns, ou chamar ao número de teléfono 662 377 044.