Solapas principales

Abre o prazo para inscribirse no programa de conciliación Primavera Lúdica 2022

Miércoles, 16 de febrero de 2022

Dende hoxe 16 de febreiro ata o 2 de marzo de 2022 está aberto o prazo para inscribirse no servizo de conciliación “Primavera Lúdica”, que este ano se desenvolverá os días 11, 12, 13 e 18 de abril. Poderán participar aquelas familias empadroadas no concello de Ames, con nenos e nenas escolarizados no segundo ciclo de Educación Infantil ou en Primaria, e que teñan a necesidade de conciliar. O programa ten un horario de 7:30 a 16:00 horas, e inclúe os servizos de comedores e Bos Días. As persoas interesadas deben entregar a documentación necesaria na Sede electrónica do Concello de Ames, ou ben nas oficinas de asistencia en materia de rexistro do Concello de Ames (O Milladoiro e Bertamiráns), mediante solicitude de cita previa a través da Sede electrónica. Pódese obter o impreso de inscrición premendo nesta ligazón.

O programa de conciliación Primavera Lúdica volve neste 2022 para axudar ás familias amesás a compatibilizar vida laboral e familiar. Para sumarse ao servizo, cómpre que as nais, pais ou responsables legais acrediten a necesidade de conciliar, e que teñan nenos ou nenas escolarizadas no segundo ciclo de Educación Infantil ou en Educación Primaria. Neste senso, os centros educativos nos que se desenvolverá a Primavera Lúdica serán o CEIP da Maía, en Bertamiráns, e no Milladoiro, a EEI do Milladoiro e o CEP Ventín.

O programa Primavera Lúdica oferta os servizos de conciliación habituais no concello, como o Bos Días ou os comedores, co fin de adaptarse ás necesidades de cada familia. Deste xeito, os horarios de entrada dos nenos e nenas poden comezar ás 7:30 ou ás 9:00 horas, cun almorzo opcional para os máis madrugadores, mentres que as horas de recollida serán as 14:30 ou as 16:00 horas.

Premendo nesta ligazón pódese obter o impreso de inscrición no programa Primavera Lúdica 2022.

Lugar de presentación de solicitudes

As solicitudes poden presentarse no rexistro telemático, a través da Sede electrónica do Concello de Ames. Estas tamén se poden entregar de xeito presencial en calquera das oficinas de asistencia en materia de rexistro do Concello, tanto no Milladoiro como en Bertamiráns. Neste caso deberá terse en conta que hai que pedir cita previa a través da Sede electrónica. Tamén se poden presentar a través de calquera outro rexistro ao que se refira o artigo 16 da Lei 39/2015, de 1 de outubro de procedemento administrativo común das AAPP.

Documentación necesaria

As persoas interesadas deben presentar a seguinte documentación, salvo que xa estea en poder do persoal do departamento de Educación: copia auténtica ou cotexada do libro de familia e do DNI do titular da conta; documentación que indique a ocupación dos pais, nais, ou responsables legais; certificados de traballo e, de ser o caso, certificación de estar realizando cursos de formación ou calquera outra que especifique a necesidade de conciliar a vida laboral e familiar. De ser o caso, deberá presentarse ademais, un informe médico que acredite a necesidade de dieta ou calquera outro tipo de tratamento especial. No caso de ruptura familiar, tamén se debe presentar documentación que o xustifique.

Para máis información pódese chamar ao número de teléfono do departamento de Educación, o 981 891 476, ou ben enviar un correo electrónico ao enderezo educacion@concellodeames.gal.

Novas relacionadas

El Correo Gallego: "Anotación para o concilia de primavera ata o día 2"

Compostela 24 Horas: "Abre o prazo para inscribirse no programa de conciliación Primavera Lúdica 2022 de Ames"

Enfoques.gal: "Abre el plazo para inscribirse en el programa de conciliación de Ames Primavera Lúdica 2022"

 

Abre o prazo para inscribirse no programa de conciliación Primavera Lúdica 2022

Multimedia

  • Abre o prazo para inscribirse no programa de conciliación Primavera Lúdica 2022