Solapas principales

Abre o prazo para inscribirse nos cursos de iniciación ao piragüismo que se imparten na praia fluvial de Tapia

Jueves, 16 de junio de 2022

Un ano máis o Concello de Ames, a través da Concellaría de Deportes, organiza os cursos de iniciación ao piragüismo, que se desenvolverán durante os meses de xullo e agosto, na praia fluvial de Tapia. Ditos cursos, que están dirixidos a nenos e nenas de 7 a 16 anos, impartiranse os luns, mércores e venres, a partir das 10.30 horas. Para participar nesta actividade é imprescindible saber nadar. As prazas son limitadas, polo que é importante inscribirse enviando un correo electrónico ao enderezo deportes@concellodeames.gal.

Un ano máis chegada a época estival organízanse os cursos de iniciación ao piragüismo que se imparten na praia fluvial de Tapia. Estes cursos son impartidos por persoal do club Ribeiras do Tambre. Nesta iniciativa colabora a entidade Corresponsables. Os cursos están organizados polo Concello de Ames, a través da Concellaría de Deportes. Están dirixidos a nenos e nenas de 7 a 16 anos.

Este cursos desenvolveranse durante os meses de xullo e agosto. Os participantes terán que escoller un mes para asistir a esta actividade (o mes de xullo ou e agosto). As clases impartiranse os luns, mércores e venres, en horario de mañá, a partir das 10.30 horas. Para participar é imprescindible saber nadar.

Os/as participantes aprenderán, da man do persoal do club Ribeiras do Tambre, todo o necesario para gañar autonomía no uso da piragua e adquirir as destrezas e habilidades básicas para practicar o piragüismo.  

As prazas son limitadas e cubriranse por rigorosa orde de inscrición. Para solicitar máis información e para formalizar a inscrición nesta actividade hai que enviar un correo electrónico ao enderezo deportes@concellodeames.gal.

Abre o prazo para inscribirse nos cursos de iniciación ao piragüismo que se imparten na praia fluvial de Tapia

Multimedia

  • Abre o prazo para inscribirse nos cursos de iniciación ao piragüismo que se imparten na praia fluvial de Tapia