Solapas principales

Abre o prazo para reservar entrada nas seis sesións do programa Autocine dos días 26 e 27 de decembro no Milladoiro

Viernes, 18 de diciembre de 2020

O Concello de Ames vén de presentar hoxe no Milladoiro o programa de Autocine que se vai a desenvolver o sábado 26 e mailo domingo 27 de decembro no aparcadoiro do SuperCor (rúa Agro do Medio), no Milladoiro. Esta iniciativa está incluída na programación “Un Nadal diferente”. Para poder acudir a ver algún dos seis filmes que se van proxectar é preciso reserva entrada a través desta páxina web. A entrada é gratuíta, pero no momento da reserva, haberá que  axuntarun tícket de compra (en formato jpg ou pdf) dalgún establecemento de Ames, por un importe mínimo de 10,00 euros.

O alcalde de Ames, Jose Miñones, a concelleira de Promoción Económica, Ana Belén Paz, a concelleira de Cultura, Natividade González, e mailo xerente da empresa Emesport, Ezequiel Mosquera, presentaron esta mañá no Milladoiro o o programa de Autocine, que se vai a desenvolver o sábado 26 e mailo domingo 27 de decembro no aparcadoiro do SuperCor (rúa Agro do Medio), no Milladoiro. 

O prazo para facer a reserva de entradas abriu hoxe a través desta páxina web. Dito prazo estará aberto ata que se esgoten todas as prazas. Haberá 90 prazas para cada unha das 6 películas que se proxectarán nas dúas xornadas. A entrada é gratuíta, pero no momento da reserva, haberá que  axuntarun tícket de compra (en formato jpg ou pdf) dalgún establecemento de Ames, por un importe mínimo de 10,00 euros.

Programación de filmes

Para o sábado, 26 de decembro, está previsto que se proxecte “O Grinch”, ás 12.00 horas, e "Se armó el Belén", ás 18.00 horas. Ambas películas están dirixidas a un público infantil. Na sesión de adultos, ás 20.30 horas, proxectarase “Black Christmas”. 

O domingo, 27 de decembro, inaugurarase a xornada, ás 12.00 horas, coa proxección da película infantil “Santa Claus & Cia” e, na sesión da tarde, ás 18.00 horas, emitirase “Abominable”. A programación de Autocine de Nadal rematará ás 20.30 horas coa película “Last Christmas”.

Servizo de comida e bebida

As persoas que acudan a última sesión do programa de Autocine dos días 26 e 27 de decembro, prevista para as 20.30 horas, poderán cear mentres gozan do cine. Para iso terán que facer os seus pedidos, antes das 20.00 horas de cada día, entre os establecementos hostaleiros que se adheriron a esta iniciativa.

Ditos locais son: Cafelito - 636747451; Pizzeria Dolce Vita – 881129912; Jisma Café Bar – 881067289; Cafetería Casa da Cultura do Milladoiro – 981538406 (só atenderán o sábado 26 de decembro); e El Comedor – 640659406.

Unha vez feito o pedido, os establecementos hostaleiros poderán levar a comida e bebida solicitada previamente, a unha carpa habilitada polo Concello de Ames no propio aparcadoiro onde se vai desenvolver o programa de Autocine. Ás 21.15 horas farase un breve descanso na proxección do filme e as persoas que fixeron os pedidos poderán baixar dos seus vehículos, recoller a comida e/ou bebida na carpa, pagar, e volver aos seus vehículos para seguir vendo a película e consumir a comida e/ou bebida adquirida. A comida e bebida poderase recoller entre as 21.15 e as 21.30 horas.

A concelleira de Promoción Económica, Ana Belen Paz, sinala que “esta iniciativa combina o fomento do ocio coa proxección de diferentes películas, tanto para adultos coma para o público infantil, co apoio ao sector hostaleiro que poderán vender comida e bebida entre as persoas que acudan a sesión das 20.30 horas dos dous días. Deste xeito, preténdese fomentar o gusto polo cine e tamén apoiar aos restaurante e cafeterías de Ames”.

cartel Autocine Nadal

Multimedia

  • cartel Autocine Nadal
  • presentación programa Autocine