Solapas principales

Abre o prazo para a solicitude de axudas para a promoción de actividades organizadas polas ANPAS durante os exercicios 2022 e 2023

Miércoles, 28 de junio de 2023

A Xunta de Goberno Local do Concello de Ames aprobou o pasado 1 de xuño de 2023 as bases das convocatorias de axudas para as actividades realizadas polas ANPAS dos centros educativos amesáns ao longo dos exercicios 2022 e 2023. A contía máxima destas axudas ascende a 20.000 euros por exercicio. As solicitudes para participar nesta convocatoria poderán presentarse dende o 28 de xuño ata o 27 de xullo. A través destas axudas poderase sufragar ata o 100% do orzamento total asignado a cada centro escolar para viaxes culturais, actividades extraescolares, organización de encontros e xornadas, mobiliario e material didáctico; así como actividades que fomenten a conciliación da vida laboral e familiar durante as xornadas lectivas. Premendo nas ligazóns que están ao pé desta nova pódense consultar as bases para solicitar estas axudas. 

O goberno municipal vén de aprobar as convocatorias da liña de axudas para sufragar as actividades levadas a cabo polas ANPAS durante os exercicios 2022 e 2023. Para este fin destínanse un total de 40.000 euros, 20.000 por exercicio. Poderán optar a estas axudas as ANPAS existentes nos centros educativos de Ames, legalmente constituídas, e que figuren inscritas no Rexistro Municipal de Asociacións, sempre e candos os datos da inscrición estean debidamente actualizados no momento de solicitar a achega. Os conceptos subvencionables son os de viaxes culturais, actividades extraescolares, organización de encontros e xornadas, mobiliario, material didáctico, e actividades que fomenten a conciliación da vida laboral e familiar durante as xornadas lectivas.

Entre os obxectivos principais desta convocatoria de axudas son enriquecer a formación da poboación escolar en Ames, promover a convivencia da poboación escolar fóra do ámbito puramente académico e propiciar a mellora do rendemento por parte do alumnado.

Contía individual das achegas
As axudas por convocatoria aos centros públicos de máis de 500 alumnos/as non poderán superar os 3.000 euros; as dos centros de entre 150 e 500 alumnos/as non superarán os 2.000; mentres que aquelas que recaian en centros de menos de 150 alumnos/as non poderán superar os 750 euros.

Presentación de solicitudes
As solicitudes deberán presentarse a través da Sede electrónica do Concello de Ames, mediante os modelos normalizados que se inclúen como anexos á convocatoria. Igualmente poderán presentarse no Rexistro electrónico do Punto de Acceso Xeral do Estado (REC), ao que se poderá acceder dende o enlace dispoñible na Sede electrónica do Concello de Ames.

O prazo para a presentación destas solicitudes é dun mes a contar dende o día seguinte á publicación do extracto das convocatorias no BOP (dende o mércores 28 de xuño ata o xoves 27 de xullo).

Foto de arquivo do CEIP Agro do Muíño