- Tematica
Desde o 30 de decembro e até o 12 de xaneiro de 2021 está aberto o prazo para inscribirse no programa de conciliación da vida laboral e familiar “Entroido Lúdico” que se celebrará do 15 ao 17 de febreiro de 2021. A través deste programa, o Concello de Ames procura axudar ás familias a compatibilizar o traballo e a vida familiar, ofrecendo un espazo onde a rapazada realiza actividades lúdicas e educativas. O programa ten un horario de 7.30 á 16.00 horas e inclúe os servizos de Bos Días e comedor. Este ano, por mor da situación sanitaria derivada da COVID19, teranse en conta unha serie de medidas de prevención -redución de ratios, aumento dos labores de limpeza e definición das actividades que se poden realizar sen risco- que están recollidas nun decreto da alcaldía do 28 de decembro de 2020.
O Entroido Lúdico do 2021 desenvolverase na Escola de Educación Infantil de Milladoiro para os/as alumnos/as escolarizados durante o curso 2020/2021 nalgún dos niveis do segundo ciclo de educación infantil e no CEP de Ventín: para os/as alumnos/as matriculados/as durante o curso 2020/2021 nalgún dos niveis de educación primaria. En Bertamiráns o programa realizarase no CEIP de Maía: para os/as alumnos/as escolarizados durante o curso 2020/2021 nalgún dos niveis do segundo ciclo de educación infantil e educación primaria. Preme aquí para descargar o impreso de inscrición.
Requisitos
Calquera familia empadroada en Ames que teña nenos ou nenas escolarizados no 2º ciclo de educación infantil pode inscribirse no Entroido Lúdico. Esíxese asemade non ter débedas en período executivo coa facenda municipal e que os pais/nais, titores e titoras acrediten a necesidade de conciliar a vida laboral e familiar.
Lugar e presentación de solicitudes
As solicitudes poden presentarse no rexistro telemático a través da sede electrónica do Concello. A solicitude tamén se pode entregar presencialmente en calquera das oficinas de asistencia en materia de rexistro do Concello, tanto en Milladoiro como en Bertamiráns. Neste caso deberá terse en conta que hai que pedir cita previa a través da sede electrónica do Concello Ames. Tamén se poden presentar estas solicitudes a través de calquera outro rexistro ao que se refira o artigo 16 da Lei 39/2015, de 1 de outubro de procedemento admninistrativo común das AAPP.
Documentación necesaria
Os interesados/as deben presentar a seguinte documentación: Copia auténtica ou cotexada do libro de familia e do D.N.I do titular da conta; documentación que indique a ocupación dos país/nais, titores/titoras; certificados de traballo e, de ser o caso, certificación de estar realizando cursos de formación ou calquera outra que especifique a necesidade de conciliar a vida laboral e familiar. De ser o caso, deberá presentarse ademais, un informe médico que acredite a necesidade de dieta ou calquera outro tipo de tratamento especial. No caso de ruptura familiar, tamén se debe presentar documentación que o xustifique.
Medidas excepcionais derivadas da COVD19
Debido á situación excepcional derivada da COVID19, este ano adoptaranse unha serie de medidas, que van desde a redución de ratios e o aumento das labores de limpeza e desinfección, á determinación dos equipos de protección para monitores e usuarios e a redefinición das actividades que se poderán levar a cabo sin risco de contaxios.
Estas medidas, recollidas nun decreto da alcaldía do 28 de decembro de 2020, indican que o neno/a non poderá participar no Entroido Lúdico nos seguintes casos: Se é diagnosticado/a positivo/a por COVID-19, se presenta calquera sintomatoloxía (tose, febre, dificultade ao respirar) que poida estar asociada co COVID-19 durante os días inmediatamente anteriores á súa participación.
Se estivo en contacto estreito ou compartindo espazo sen gardar a distancia interpersoal con algunha persoa afectada por COVID-19 nos 14 días previos á súa participación.
Asemade, a nai/pai ou titor legal deberán presentar, antes do comezo da actividade, unha declaración responsable, que recollerá os seguintes puntos:
-
Condicións de saúde do neno/a participante, na que se acredite non padecer ningunha enfermidade contaxiosa, nomeadamente o COVID-19, así como ningunha sintomatoloxía asociada á mesma.
-
Aceptación, tras información previa por parte da organización, das condicións de hixiene e prevención nasque se vai a desenvolver a actividade.
-
Aceptación de notificar inmediatamente á organización calquera problema de saúde vinculado ao COVID-19 durante o transcurso do Lúdico de Entroido.
-
Os nenos e nenas que presenten condicións de saúde que os fagan máis vulnerables para COVID-19 (por exemplo, enfermidades cardiovasculares, enfermidades pulmonares crónicas, diabetes, inmunodepresión ouhipertensión arterial) poderá acudir ao Lúdico de Entroido, sempre que a súa condición clínica estea controlada.
As familias vixiarán o estado de saúde e farán unha toma de temperatura todos os días antes de saír da casa para o Lúdico. Si o neno ou nena tivera febre non poderá asistir e debe de notificalo a organización.
Actuación ante un posible caso de COVID19
Na situación actual de transmisión comunitaria pola que estamos pasando temos que ter en conta que todas as persoas con síntomas compatibles son posibles casos de COVID-19. A identificación producirase mediante observación e o seguimento dos e das participantes.
Para obter máis información e diante de calquera dúbida, pódese enviar un correo a educacion@concellodeames.gal ou chamar ao número de teléfono 981891476.