Solapas principales

Accede á canle de YouTube do Concello de Ames para ver as últimas audicións gravadas polo alumnado da Escola Municipal de Música de Ames

Miércoles, 26 de mayo de 2021

Durante o último ano, e debido ás restricións marcadas pola Covid-19, o profesorado e alumnado da EMMA está a gravar diferentes vídeos para que a veciñanza amesá poida ver o aprendido durante o curso. Nesta caso gravaron varios vídeos de audicións feitas durante as últimas semanas. En ditas gravacións participaron os grupos de violín, canto e piano. Estas pezas pódense ver nesta lista de reprodución creada na canle de YouTube do Concello de Ames.

Nestes últimos meses, a Escola Municipal de Música de Ames acostuma a gravar vídeos do seu alumnado para que toda a veciñanza poda desfrutar, a través de YouTube, das pezas musicais que interpretan con motivo da celebración de diferentes festas e efemérides. Nesta caso gravaron varios vídeos de audicións feitas durante as últimas semanas. En ditas gravacións participaron os grupos de violín, canto e piano.

Nesta ocasión, pódense ver as audicións de violín de case 40 minutos, formada por 16 pezas, realizada polos alumnos e alumnas xunto coa profesora Aga Mainska. No vídeo participaron Noa Baltar, Aldara González, Itxasne e Aratz Fernández de Alaiza Eimil, Alicia e Alfonso Mosquera de Vera, Cristian Fábregas, Olaya e Cecilia Barrado, Iria Piñeiro, Héctor Méndez, Laura Casas, Noa e Carolina Díaz, Antonio Fernándes de Lima, Iván Domínguez, Carolina Rey e Roi Manteiga. O vídeo pódese ver premendo nesta ligazón. 

En canto ás audicións de piano, os alumnos e alumnas gravaron 18 vídeos, a maioría deles de forma individual. Todas estas actuacións pódense ver na canle de YouTube do Concello de Ames. Alba Agulla, Rafa Martín, Brais Lago, Pedro Fanego, Lucas Francos, Lucía Martín, Guille Barreiro, Daniela Hermo, Martina Gigirey, Noa Muíño, Eva Jiménez, Irene Avisani, Leo Ageitos, Danny Méndez, Thais Villar, Xoana Quintela, Noa Castiñeiras, Mariña Formoso e Diego Cernadas foron os responsables de levar a cabo as interpretacións fronte ao piano.

Grupos de canto
Os grupos de canto realizaron tres vídeos. O primeiro deles realizouse con actuacións individuais. Os protagonistas foron Cinthia Vázquez, Alba Picón, Candela Caamaño, Anxo Villanueva, Amalia Castro e Mateo Abal, quen interpretou “Copenhage”. O vídeo pódese ver premendo nesta ligazón.

O grupo dous de canto, formado María Gigerey, Lucía Martín, Cristina Alonso, Pablo Martín, Clara Barral, Carmen Cuevas, Flavia Guitian, cantou cancións como “Nana Triste” ou “All I want”, entre outras. Todas estas actuación individuais pódense escoitar premendo nesta ligazón. 

O grupo 3 cantou de maneira conxunta. Deste xeito, o coro formado por Mateo, Carmen, David, Sara e Cristina cantaron “Color Esperanza” e “Wake me up”. 

Audicións EMMA

Multimedia

  • Audicións EMMA
  • Audicións EMMA
  • Audicións EMMA