- Tematica
A asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharauí, que desenvolve o programa Vacacións en Paz, tiña previsto realizar unha cea solidaria de Samaín o vindeiro 2 de novembro. Porén, desde a asociación informan que por razóns operativas decidiron aprazar o evento. Deste xeito, terá lugar o vindeiro 8 de marzo de 2025 no Hotel Congreso, en Santiago de Compostela. Manterase a temática de Samaín.
A cea solidaria, á que pode asistir calquera persoa que queira aportar o seu gran de area, terá un prezo de 50 euros para adultos e de 30 euros para nenos/as, que serán aboados
o propio día da cea no restaurante. O menú pode consultarse ao pé desta nova.
Para todas aquelas persoas que non poidan asistir pero que desexen colaborar, haberá unha fila 0 para realizar doazóns na conta ES48 2080 5056 1130 4006 3331.
Os fondos que se consigan servirán para sufragar o programa Vacacións en Paz, unhainiciativa a través da que rapaces e rapazas de Tindouf (Alxeria) poden pasar o verán en Galicia, acollidos por familias voluntarias. Ditos fondos destínanse integramente ao financiamento dos billetes de avión destes nenos e nenas, e búscase que poidan viaxar o maior número de crianzas posibles.
O Concello de Ames, a través do departamento de Benestar Social, colabora activamente na difusión deste programa, e invita a todas as familias que o desexen a acoller un neno ou nena. Recórdase, ademais que a iniciativa preséntase nun marco de solidariedade e axuda desinteresada co fin de propiciarlles unha estancia agradable e humanamente rica aos rapaces e rapazas. Trátase de ofrecerlles a estes cativos e cativas a posibilidade de coñecer outros xeitos de vida, contribuíndo así á súa formación.