Solapas principales

Adxudicadas as obras de mellora dos interiores de Seáres de Arriba

Viernes, 05 de noviembre de 2021

A Xunta de Goberno Local adxudicou a realización das obras de mellora dos interiores de Seáres de Arriba, na parroquia de Ames, á empresa BCNOR Gestión e Solucións avanzadas. O valor das obras que se van realizar ascende a 56.257 euros.

O Concello de Ames segue a apostar pola mellora da rede viaria existente no medio rural, desta volta cunha obra na parroquia de Ames. As actuacións previstas son a mellora dos interiores de Seáres de Arriba. Concretamente, vaise levar a cabo a mellora do pavimento actual, dos viais de acceso e aproveitarase para canalizar a estrada para a recollida de pluviais, saneamento e abastecemento.

A Xunta de Goberno Local aprobou a adxudicación a realización destas obras á empresa BCNOR Gestión e Solucións avanzadas. O importe das obras ascende a un total de 56.257 euros. O contrato presenta unha duración inicial de seis meses para a realización das obras mencionadas.

O alcalde de Ames, Blas García, destacou a importancia destas obras no rural "xa que poñen en valor os nosos núcleos e facilitan a calidade de vida dos veciños e das veciñas", continúa dicindo que "esta é unha obra importante e necesaria para a veciñanza de Seares de Arriba, porque os accesos presentan un deterioro importante debido a que fai moitos anos que non se fai ningunha actuación neste lugar, e con esta obra vai a presentar unha imaxe moi distinta á actual".

Condicións técnicas das obras
Nunha superficie de 550 m², preténdese a mellora do pavimento actual do núcleo de Seares de Arriba coa súa demolición e substitución por outro de 15 cm de formigón delimitado por adoquín de granito e todo elo asentado sobre 5 cm de zahorra. Tamén se contempla a mellora dos viais de acceso con tratamento asfáltico superficial e rego de selado a toda a plataforma, previa reparación de fochancas e perfilado de mordentes con grava e tratamento asfáltico semiprofundo.

Baixo o pavimento de formigón proxectado, aproveitarase para canalizar 175 m de tubaxes de PVC Ø400 para recollida de pluviais, de PVC Ø315 para saneamento e de PE Ø75 para abastecemento; completados con 6 sumidoiros, 24 m de caz con reixa, 2 válvulas de comprota e 1 válvula ventosa.

Tamén se inclúe a limpeza previa de cunetas e salvacunetas para o correcto drenaxe lonxitudinal e transversal dos viais de acceso.

Novas relacionadas

El Correo Gallego: "Mejoran un firme viario de Seares donde ya estaba creciendo hierba"

Adxudicadas as obras de mellora dos interiores de Seáres de Arriba

Multimedia

  • Adxudicadas as obras de mellora dos interiores de Seáres de Arriba
  • Adxudicadas as obras de mellora dos interiores de Seáres de Arriba