Solapas principales

Adxudícanse as obras de Coira por 272.057 euros para executar unha senda peonil e pavimentar os viarios interiores

Jueves, 16 de enero de 2025

A Xunta de Goberno Local vén de aprobar o pasado 12 de decembro a adxudicación das obras de execución dunha senda peonil e para a pavimentación dos interiores do lugar de Coira, en Biduído. O proxecto foi adxudicado á empresa Alcomte Galicia SL por un importe de 272.057,03 euros (IVE incluído). Esta actuación está sufragada con cargo ao POS+2024 da Deputación da Coruña. Este proxecto súmase a outros de mellora da seguridade viaria como o de O Mercuto ata O Vilar, ambos lugares pertencentes á parroquia da Ameixenda, ou os de Covas e Biduído.

O Concello de Ames, a través da Concellería de Obras e Servizos, continúa coa execución de obras no rural destinadas á mellora da seguridade viaria. Así, a Xunta de Goberno Local aprobou a adxudicación das obras de mellora da seguridade viaria no lugar de Coira. Dito proxecto foi adxudicado á empresa Alcomte Galicia SL por un importe de 272.057,03 euros (IVE incluído).

A través desta actuación vaise a executar unha senda peonil e pavimentar os viarios interiores do lugar. Este proxecto, que está incluído no plan provincial POS+2024, súmase a outros de mellora da seguridade viaria como os de Covas e Biduído, ou as obras que foron recentemente adxudicadas para mellorar a seguridade viaria entre os núcleos de O Mercuto e O Vilar por preto de 200.000 euros.

O concelleiro de Obras e Servizos Básicos, Gustavo Nieto, explicou que esta “é unha actuación moi necesaria que vai en consonancia coas executadas dende o inicio do mandato. Ames é un concello con dous núcleos urbanos importantes, pero non podemos esquecer ao rural, que durante o primeiro ano de mandato representou un 60% do orzamento adicado a obras”.

O alcalde, Blas García, explica que esta é unha segunda licitación que vai facer posible “resolver unha débeda de anos anteriores cos veciños de Coira, que levan tempo reclamando unha obra que non se puido realizar antes debido ao incumprimento do contrato por parte da empresa adxudicataria. Con esta segunda licitación aproveitamos para incluír na obra os interiores de Coira, que inicialmente non estaban no proxecto”.

Características do proxecto
A través desta actuación pavimentarase unha senda peonil, cunha lonxitude de 530 metros e 2 metros de ancho, que conecta os lugares de Ventín e Coira. Con este fin executarase unha nova capa de rodaxe con mallazo, 10 centímetros de zahorra e 15 de formigón. Ademais tamén se executará un muro de bloques de granito de 60 metros de lonxitude e 2 metros de alto, para contención de terras.

Previo á execución do pavimento, contémplase a canalización das redes de telefonía, baixa tensión e alumeado, facendo unha transición aérea subterránea. Este proceso implica o desmonte e retirada de postes, apertura de zanxa e a canalización de cada unha destas redes, máis a execución de arquetas e instalación de novas luminarias.

Finalmente, pavimentarase e mellorarase o firme dentro do núcleo de Coira.  Así, executarase unha nova capa de rodaxe con mallazo e 15 centímetros de formigón, tal e como se leva facendo en distintos núcleos do rural de Ames nos últimos tempos como Gasamáns, Galiñeiro, Framil ou Cortegada.

Novas relacionadas:

El Correo Gallego: "Ames adxudica as obras para unha senda peonil no lugar de Coira"

Adxudícanse as obras de Coira por 272.057 euros para executar unha senda peonil e pavimentar os viarios interiores

Multimedia

  • Adxudícanse as obras de Coira por 272.057 euros para executar unha senda peonil e pavimentar os viarios interiores
  • Adxudícanse as obras de Coira por 272.057 euros para executar unha senda peonil e pavimentar os viarios interiores
  • Adxudícanse as obras de Coira por 272.057 euros para executar unha senda peonil e pavimentar os viarios interiores
  • Adxudícanse as obras de Coira por 272.057 euros para executar unha senda peonil e pavimentar os viarios interiores