Solapas principales

Adxudícanse as obras de mellora da seguridade viaria entre os núcleos de O Mercuto e O Vilar por preto de 200.000 euros

Martes, 17 de diciembre de 2024

A Xunta de Goberno Local vén de aprobar o pasado 5 de decembro a adxudicación das obras de mellora da seguridade viaria dende O Mercuto ata O Vilar, ambos lugares pertencentes á parroquia da Ameixenda. O proxecto, que foi adxudicado á empresa Excavaciones Jose Varela Iglesias SL por 194.772,62 euros (IVE incluído), esta incluído no POS+2024. Este proxecto súmase a outros de mellora da seguridade viaria como os de Covas e Biduído ou a senda que se vai executar en Coira.

O Concello de Ames, a través da Concellería de Obras e Servizos, continúa coa execución de obras no rural destinadas á mellora da seguridade viaria. Así, a Xunta de Goberno Local aprobou a adxudicación das obras de mellora da seguridade viaria dende O Mercuto ata O Vilar, ambos lugares pertencentes á parroquia da Ameixenda. Dito proxecto foi adxudicado á empresa Excavaciones Jose Varela Iglesias SL por 194.772,62 euros (IVE incluído).

A través desta actuación vaise a pavimentar dous treitos de cuneta entre ditos núcleos da Ameixenda. Este proxecto, que está incluído no plan provincial POS+2024, súmase a outros de mellora da seguridade viaria como os de Covas e Biduído, ou a senda que se vai executar en Coira.

O concelleiro de Obras e Servizos Básicos, Gustavo Nieto, sinala que “a execución das obras desta senda garantirán que a veciñanza da Ameixenda conte cunha alternativa segura de desprazamento a pé entre O Mercuto e O Vilar. Este proxecto súmase a outros de mellora da seguridade viaria como os de Covas e Biduído ou a senda que se vai executar en Coira. Trátase dunha aposta do Concello pola seguridade peonil”.

Recentemente tamén se adxudicaron as obras de pavimentación das rúas Poeta da Maía, Xesteira e Fieira, en Bertamiráns, por 110.364 euros; e mailas obras de pavimentación das rúas Pardiñeiros, Panasqueira, e do núcleo de Seidón, no Milladoiro, por 98.714 euros. Estas actuacións en ambos núcleos urbanos do concello de Ames superan os 200.000 euros.

Características do proxecto
No proxecto contémplase a execución de dous treitos de cuneta transitable de 530 metros e 310 metros de lonxitude, respectivamente, e 1,80 metros de ancho medio. Previo ao inicio das obras será preciso demoler os pavimentos que non sexan compatibles coa solución proxectada e o retranqueo de 10 postes.

A cuneta transitable executarase mediante 15 centímetros de pavimento de formigón HM – 20 con mallazo sobre 10 centímetros de zahorra. No exterior da cuneta disporase un bordo de formigón prefabricado. Contémplase o cruzamento do rego mediante pasarela pilotada de 20 metros de lonxitude total e 2 metros de ancho.

Así mesmo, a rede de drenaxe estará composta por tubaxe de polipropileno de 400 milímetros de diámetro, pozos de rexistro e arquetas con sumidoiro. Tamén será preciso prolongar unha obra de drenaxe.

Finalmente, para a rede de alumeado público empregarase tubo de polipropileno de 90 milímetros de diámetro e arquetas prefabricadas. As actuacións complétanse coa colocación dunha varanda de madeira tratada na pasarela.

Adxudícanse as obras de mellora da seguridade viaria entre os núcleos de O Mercuto e O Vilar por preto de 200.000 euros