Solapas principales

Adxudícanse as obras incluídas no Plan AGADER por un importe de 57.535 euros

Sábado, 21 de septiembre de 2024

A Xunta de Goberno Local vén de aprobar a adxudicación dos proxectos incluídos no plan de mellora de camiños municipais de acceso a parcelas agrícolas 2024 – 2025 (Plan AGADER). As obras de mellora do viario de Tras do Cabalo e outros foron adxudicadas á empresa Excavaciones Pose SL por un importe de 25.531 euros, mentres que o proxecto de mellora do viario en O Prumariño e outro tamén foi adxudicado á empresa Excavaciones Pose SL por un importe de 32.004,50 euros. Estas obras contan coa axuda financeira da Unión Europea no marco do Plan estratéxico da PAC.

O Pleno do Concello de Ames aprobou o pasado 30 de maio de 2024 os proxectos incluídos no plan de mellora de camiños municipais de acceso a parcelas agrícolas 2024 – 2025 (Plan AGADER). O concelleiro de Obras e Servizos Básicos, Gustavo Nieto, foi o encargado de expoñer os puntos correspondentes aos proxectos de pavimentación dos viarios de Tras do Cabalo e outros, e mellora do viario en Prumariño e outro, que están incluídos no Plan AGADER.

Deste xeito, melloraranse dous camiños da Ameixenda; un viario de A Ponte Nova, na parroquia de Agrón; un no lugar de Lamas e outro na aldea de Proupín, ambos na parroquia de Ames. Estas obras contan coa axuda financeira da Unión Europea no marco do Plan estratéxico da PAC.

O concelleiro de Obras e Servizos Básicos, Gustavo Nieto, explica que “a través do Plan AGADER mellóranse os camiños municipais de acceso a parcelas agrícolas. A finalidade deste plan é a execución de obras encamiñadas á mellora da rede viaria existente no medio rural, facilitando así a accesibilidade ás explotacións agrarias e contribuíndo ao aumento da competitividade agraria e forestal. Nesta convocatoria 2024-2025 o Concello de Ames vai investir preto de 60.000 euros na mellora de cinco camiños rurais”.

Mellora dos viarios en O Prumariño e en Os Casais
Unha vez aprobados ambos proxectos polo Pleno, iniciouse o correspondente trámite de licitación, pechándose coa adxudicación das obras. Deste xeito, na Xunta de Goberno Local do pasado 29 de agosto adxudicouse o proxecto de mellora do viario en O Prumariño e outro á empresa Excavaciones Pose SL por un importe de 32.004,50 euros. Este proxecto contempla melloras no viario de Prumariño e a mellora do viario en Os Casais, situados nos lugares de Lamas e Proupín, ambos na parroquia de Ames.

As obras de mellora no viario de Prumariño executaranse nun tramo de 1.100 metros dividido en dous treitos de 450x3,00 e 650x3,00 metros e un abanico de 50 metros cadrados. No treito de 450x3 metros procederase á limpeza de gabias ambas marxes e á reposición do paquete de firme con dez centímetros de zahorra. No treito de 650x3 metros procederase á limpeza de gabias ambas marxes e a reposición do paquete de firme con cinco centímetros de zahorra. Finalmente colocarase unha sinal de stop.

Na obra de mellora do viario en Os Casais actuarase nun treito de 550 metros dividido en dous treitos de 350x3,00 e 200x3,00 metros e un abanico de 50 metros cadrados. No treito de 350x3 metros procederase á limpeza de gabias ambas marxes e a reposición do paquete de firme con cinco centímetros de zahorra. No treito de 200x3 metros procederase á limpeza de gabias ambas marxes e a reposición do paquete de firme con dez centímetros de zahorra. Finalmente colocarase unha sinal de stop.

Mellora dos viarios de Tras do Cabalo, Agueiros e A Ponte Nova
Por outra banda, na Xunta de Goberno Local do pasado 12 de setembro aprobouse a adxudicación das obras de mellora do viario de Tras do Cabalo e outros. Dito proxecto foi adxudicado tamén á empresa Excavaciones Pose SL por un importe de 25.531 (IVE incluído). Este proxecto contempla melloras no viario de Tras do Cabalo, no viario en Agueiros e no viario en A Ponte Nova.

As obras de mellora no viario de Tras do Cabalo executaranse nun treito de 350x3 metros no que se procederá á limpeza de gabias en ambas marxes, e á reposición do paquete de firme con zahorra. Finalmente colocarase un sinal de stop.

Por outra banda, a través do proxecto de mellora do viario de Agueiros vaise actuar en dúas vías situadas na Ameixenda nun treito de 320x3,50 metros no que se limparán as gabias, tamén en ambas marxes, e se reporá o paquete de firme con doce centímetros de zahorra. Finalmente colocarase un sinal de stop.

A derradeira actuación será nun viario de A Ponte Nova, na parroquia de Agrón. Neste caso, actuarase nun treito de 210x3 metros no que se procederá á limpeza de gabias en ambas marxes, e á reposición do paquete de firme con doce centímetros de zahorra. Finalmente, tamén se colocará un sinal de stop.

Adxudícanse as obras incluídas no Plan AGADER por un importe de 57.535 euros

Multimedia

  • Adxudícanse as obras incluídas no Plan AGADER por un importe de 57.535 euros
  • Adxudícanse as obras incluídas no Plan AGADER por un importe de 57.535 euros
  • Adxudícanse as obras incluídas no Plan AGADER por un importe de 57.535 euros
  • Adxudícanse as obras incluídas no Plan AGADER por un importe de 57.535 euros
  • Adxudícanse as obras incluídas no Plan AGADER por un importe de 57.535 euros