- Tematica
O programa “AmesON” comeza o mes de agosto co concerto de Son de Tres. O trío será o encargado de poñerlle música e ritmos latinos á noite amesá. O concerto celebrarase o domingo 1 de agosto na praza da Madalena, no Milladoiro, ás 20.00 horas.
A concellaría de Promoción Económica pon en marcha esta serie de concertos para dinamizar a cultura e a economía en Ames durante os meses de xuño, xullo, agosto e setembro.
O sétimo concerto do “AmesON”, dos trece que están programados, será o do grupo Son de Tres.
As voces do trío van encher a praza da Madelena de cumbias, merengues e baladas. Música latina para revitalizar o sector da hostalaría e animar á veciñanza a gozar das noites do verán en Ames.
A música do “AmesON” volverá o mércores 4 de agosto da man de Nerea&Chocolate. Podése ver o cartel ca programación nesta ligazón.
Novas relacionadas:
El Correo Gallego: "Non cesa a música este verán para os amesáns