- Tematica
A parroquia de Agrón celebra este sábado 8 e domingo 9 as festividades na honra de San Andrés e a Virxe do Rosario. Durante a fin de semana haberá misas e procesións, así como verbenas e sesións vermú. Neste senso, o Concello de Ames e a Concellaría de Cultura colaboran coas festas a través do programa “Música nas parroquias”, coa actuación da agrupación Os Castros.
A parroquia de San Lourenzo de Agrón celebra este sábado 8 e domingo 9 de outubro as festas na honra de San Andrés e da Virxe do Rosario. As celebracións están organizadas pola Asociación Cultural e a Comisión de Festas de San Lourenzo de Agrón, e contan coa colaboración do Concello de Ames, a través da Concellaría de Cultura.
A primeira xornada de festa, o sábado 8, comezará cunha misa na honra de San Andrés, ás 13:00 horas. A continuación haberá sesión vermú, a cargo do dúo Reflejos, e xa no serán, haberá verbena co trío Alborada e a disco móbil CDC.
Xa no domingo 9, o día comezará ás 13:00 horas, de novo cunha misa na honra da Virxe do Rosario. Deseguido, e como parte do programa “Música nas parroquias” da Concellaría de Cultura, haberá procesión e sesión vermú a cargo da agrupación Os Castros.
“Música nas parroquias”
“Música nas parroquias” é a aposta da Concellaría de Cultura para recuperar as festas das parroquias do concello de Ames. É un programa vivo que inclúe a todos os grupos musicais e agrupacións tradicionais que pasarán polas parroquias amesás nos meses de verán.
Novas relacionadas:
La Voz de Galicia: "Agrón pone fin a sus festejos parroquiales"
El Correo Gallego: "Agrón estará de festa toda esta fin de semana"
AMSGO!: "Festas de San Andrés e a Virxe do Rosario en Agrón"