Solapas principales

As aldeas de Suevos e Sorribas, en Trasmonte, xa dispoñen de rede de saneamento

Miércoles, 04 de noviembre de 2020

As obras para dotar de rede de saneamento aos lugares de Suevos e Sorribas, ambos pertencentes á parroquia de Trasmonte, están a piques de rematar. As obras para instalar as canalizacións de saneamento e pluviais, e  mailos pozos de rexistros, están rematadas. Tan só queda por executar a reposición do pavimento dos camiños nos que fixeron gabias para acometer ditas instalacións. Esta obra incluída no POS 2019 foi adxudicada á empresa  Excavaciones Pose SL por un importe de 74.415 euros (IVE incluído).

Esta mañá o alcalde de Ames, Jose Miñones, e mailo concelleiro de Obras e Servizos Básicos, Blas García, acompañados de técnicos de Estudio Gallego e do representante da  empresa  Excavaciones Pose SL (adxudicataria do proxecto), visitaron os lugares de suevos e Sorribas, na parroquia de Trasmonte, onde puideron comprobar o estado no que se atopan as obras para dotar de saneamento a estes dous núcleos de poboación amesáns.

As obras para dotar de rede de saneamento aos lugares de Suevos e Sorribas, ambos pertencentes á parroquia de Trasmonte, están a piques de rematar. As obras para instalar as canalizacións de saneamento e pluviais, e mailos pozos de rexistros, están rematadas. Tan só queda por executar a reposición do pavimento dos camiños nos que fixeron gabias para acometer ditas instalacións. Esta obra incluída no POS 2019 foi adxudicada á empresa  Excavaciones Pose SL por un importe de 74.415 euros (IVE incluído).

No lugar de Suevos ampliouse a rede de saneamento en 260 metros, cun total de 11 pozos de rexistro. No lugar de Sorribas, a ampliación foi de 755 metros cun total de 22 pozos de rexistro. Unha vez finalizada a instalación das tubaxes e os recheo das gabias, tan só queda por executar a reposición dos pavimentos afectados pola execución das obras. As obras de Suevos e Sorribas completan a rede de saneamento destes dous lugares da parroquia de Trasmonte.

O concelleiro de Obras e Servizos Básicos, Blas García, apunta que “con estas obras, a parroquia de Trasmonte conta case totalmente con rede de saneamento. Tan só quedan dotar de saneamento a tres ou catro puntos concretos desta parroquia. Realizarase unha auditoría para que se complete ao cen por cen este importante e necesario servizo”.

O alcalde de Ames, Jose Miñones, destaca que “é imprescindible que todas as aldeas do rural amesán dispoñan deste servizo. Estas obras responden á intención do Goberno municipal de apostar polo rural e traballar a prol de conseguir que todas as aldeas do concello de Ames conten con servizo de saneamento. Queda pendente dotar de saneamento ás parroquias de Tapia e Piñeiro. Seguiremos insistindo para que Augas de Galicia realice este proxecto xa anunciado no ano 2013 nestas dúas parroquias de Ames e en Troitosende, no municipio de A Baña”.  

Novas relacionadas:

La Voz de Galicia: "Dotan de saneamiento a las aldeas amienses de Suevos y Sorribas, en Trasmonte"

El Correo Gallego: "Creación de redes de saneamento para as parroquias amesáns de Suevos e Sorribas"

El Correo Gallego:  "Suevos e Sorribas, sitas en Trasmonte, xa contan coa súa rede de saneamento "

Compostela 24 horas: "As aldeas de Suevos e Sorribas, en Trasmonte, xa dispoñen de rede de saneamento"

As aldeas de Suevos e Sorribas, en Trasmonte, xa dispoñen de rede de saneamento

Multimedia

  • As aldeas de Suevos e Sorribas, en Trasmonte, xa dispoñen de rede de saneamento
  • As aldeas de Suevos e Sorribas, en Trasmonte, xa dispoñen de rede de saneamento
  • As aldeas de Suevos e Sorribas, en Trasmonte, xa dispoñen de rede de saneamento