Solapas principales

Alumnas e alumnos do IES de Ames e do IES do Milladoiro celebraron hoxe un acto para a conmemoración do 8M

Jueves, 05 de marzo de 2020

O IES de Ames acolleu esta maña un acto de conmemoración do Día Internacional da Muller. Nel estiveron presentes, ademais da rapazada do propio instituto, compañeiros/as do IES do Milladoiro que forman parte da Comisión de Igualdade, a directora e subdirectora do centro, representantes da corporación municipal e representantes do CIM. O acto comezou coa lectura do manifesto institucional, representacións e lecturas de poemas, e finalizou coa plantación de dúas árbores no paseo de Carmen Amado.

O Concello de Ames tiña hoxe programada unha actividade de conmemoración do Día Internacional da Muller no ámbito educativo. Esta, que se levou a cabo no IES de Ames, contou coa presenza de alumnos/as do propio centro e alumnos/as do IES do Milladoiro que forman parte da Comisión de Igualdade ca súa responsable, Xulia Patiño, acompañados da directora do IES de Ames, María Soledad Louro, da vicedirectora, María Xesús García, e profesores/as.

Ademais, contaron coa representación no acto da concelleira de Igualdade e Promoción da Saúde, Luísa Feijoo, a concelleira de Cultura, Natividade González, a concelleira de Deportes, Susana Señorís, a concelleira de Mocidade, Escarlata Pampín, a concelleira de Promoción Económica, Ana Belén Paz e o concelleiro de Educación, David Santomil; xunto con membros de partidos políticos da oposición (Ames Novo, Ciudadanos e Partido Popular) e integrantes do CIM de Ames (directora e psicóloga).

O acto comezou coa intervención da concelleira de Igualdade e Promoción da Sáude, Luísa Feijoo, na que incluíu a historia de Carmen Amado, a primeira e esperemos que única e última vítima de violencia machista en Ames. Proseguiu coa lectura do manifesto institucional entre varios membros da corporación municipal, e unhas palabras da directora do centro, María Soledad Louro, que deu paso á diferentes intervencións dos alumnos e alumnos de ambos centros educativos. Nelas, unha pequena performance dun texto escrito por María Lein (profesora de Filosofía), e as lecturas de diferentes poemas de autores como Carlos Negro (profesor do centro e autor de “Masculino singular”), Erika Cristina Rodríguez e Concepción Arenal.

Posteriormente, procedeuse á plantación, por parte dos alumnos e alumnas de ambos institutos, de dúas árbores no paseo de Carmen Amado, que se encontra dentro do propio centro.

Acto conmemorativo do 8M no IES de Ames

Multimedia

  • Acto conmemorativo do 8M no IES de Ames
  • Acto conmemorativo do 8M no IES de Ames
  • Acto conmemorativo do 8M no IES de Ames
  • Acto conmemorativo do 8M no IES de Ames
  • Acto conmemorativo do 8M no IES de Ames
  • Acto conmemorativo do 8M no IES de Ames
  • Acto conmemorativo do 8M no IES de Ames