Solapas principales

Ames achegou aos afectados pola DANA de Valencia 23 pallets de produtos recollidos na campaña solidaria realizada no mes de novembro

Lunes, 09 de diciembre de 2024

O Concello de Ames puxo en marcha o pasado mes de novembro unha campaña solidaria de recollida de alimentos, auga, produtos de limpeza, calcetíns e botas (entre outros bens) para os damnificados pola DANA de Valencia. En total, Ames doou 23 pallets con produtos necesarios que chegaron á Comunidade Valenciana esta semana pasada. As doazóns reunidas na campaña, coordinada en todo momento coa Federación Valenciana de Municipios e Provincias (FVMP), chegaron a Valencia nun camión que saíu dende Bertamiráns.

O Concello de Ames, desde o departamento municipal de Voluntariado, iniciou o pasado 2 de novembro, en colaboración con asociacións municipais e coordinado pola Federación Española de Municipios e Provincias, unha campaña de recollida de alimentos e bens para as persoas damnificadas pola DANA. As doazóns principais que se precisaban eran produtos de limpeza, auga, alimentos (sobre todo leite para bebés e latas de conservas), calcetíns e botas de auga. Finalmente, enviáronse cara Valencia 23 pallets con todos estes produtos nun camión que saíu dende Bertamiráns a semana pasada.

Dende o Concello enviouse a axuda en coordinación e seguindo as indicacións pertinentes da FVMP para poder deixar e achegar as doazóns no lugar axeitado xa que, nos primeiros días da DANA, chegou a producirse unha situación de colapso pola gran cantidade de doazóns recibidas. Deste xeito, desde a Oficina de Voluntariado de Ames, decidiuse a agardar por unha resposta coordinada e eficiente para realizar o envío.

Por outra banda, destacar que tamén se recibiron doazóns económicas a través das vías habilitadas por Cruz Roja e Caritas.

O camión coas doazóns de Ames para Valencia chegou a semana pasada

Multimedia

  • O camión coas doazóns de Ames para Valencia chegou a semana pasada