Solapas principales

Ames acolle este sábado o primeiro derbi galego de fútbol sala entre o Noia Portus Apostoli e o Pescados Rubén Burela

Miércoles, 04 de septiembre de 2024

O Fútbol Club Meigas e mailo Concello de Ames organizan este sábado, 7 de setembro, ás 19.00 horas, no pavillón de Bertamiráns, o primeiro derbi galego da categoría de primeira de fútbol sala, que enfrontará ao Noia Portus Apostoli e o Pescados Rubén Burela. Trátase dun derbi inédito, xa que vai ser a primeira vez que coincidan estes dous equipos na máxima categoría nacional de fútbol sala masculino. Ademais, na actualidade son os dous únicos equipos que compiten nesta categoría.

Ames converterase este sábado, 7 de setembro, na capital do fútbol sala masculino galego coa celebración do primeiro derbi entre o Noia Portus Apostoli e o Pescados Rubén Burela. Este partido amigable disputarase ás 19.00 horas no pavillón municipal de Bertamiráns. Trátase dun derbi inédito, xa que vai ser a primeira vez que coincidan estes dous equipos na máxima categoría nacional de fútbol sala masculino. Ademais, na actualidade son os dous únicos queipos que compiten nesta categoría.  

Para o o Noia Portus Apostoli é a terceira temporada consecutiva que vai a xogar na primeira división do fútbol sala nacional masculino, mentres que o Pescados Rubén Burela volve a máxima división do fútbol sala nacional tralo ascenso acadado a temporada pasada.

A concelleira de Deportes e Promoción da Saúde, Susana Señorís, destaca o traballo que realiza o FC Meigas en prol do fútbol sala e do deporte amesán en xeral. “Este sábado 7 de setembro a veciñanza de Ames vai poder desfrutar do mellor fútbol sala masculino galego gracias a este partido amigable entre o Noia Portus Apostoli e o Pescados Rubén Burela. Animo á veciñanza a participar neste evento deportivo porque van poder gozar dun gran espectáculo deportivo”.

A presidenta do FC Meigas, Paola Vignolo, explica que o motivo polo cal se organiza este partido é para promocionar o fútbol sala en Ames. “Dende hai anos estamos dando pasos co equipo feminino, tendo xa un equipo na segunda división nacional, algo que nunca sucedera en Ames nin na contorna, e con este partido queremos fomentar e darlle aínda máis visibilidade a este deporte”.

Copa Galicia de fútbol sala feminino
Por outra banda, o Fútbol Club Meigas, que vén de gañar a eliminatoria da Copa Galicia contra o Bembrive, enfrontarase o vindeiro 1 de outubro ao Pescados Rubén Burela FS, en cuartos de final desta competición. Trátase dunha cita histórica para o equipo amesán, que recibirá no pavillón de Bertamiráns a un dos mellores equipos de fútbol sala feminino do panorama internacional.

Cómpre lembrar que o Fútbol Club Meigas xogará esta tempada por segunda vez consecutiva na súa historia na segunda división do fútbol sala feminino nacional.

Novas relacionadas:

La Voz de Galicia: "Bertamiráns acoge el sábado un amistoso entre el Noia y el Burela"

Cartaz do primeiro derbi galego de fútbol sala entre o Noia Portus Apostoli e o Pescados Rubén Burela

Multimedia

  • Cartaz do primeiro derbi galego de fútbol sala entre o Noia Portus Apostoli e o Pescados Rubén Burela