Solapas principales

Ames atópase en nivel medio baixo de restricións pola COVID19

Jueves, 03 de junio de 2021

O Goberno de Ames lembra á cidadanía que o concello atopase en nivel de restricións media baixa e as normas de cumprimento obrigatorio que hai que seguir mantendo para non dar pasos atrás na loita contra a pandemia da COVID19. A normativa actual permite xuntanzas de até 6 persoas en espazos pechados e até 10 ao aire libre. Na hostalería os establecementos que nos serven ceas deberán pechar ás 23:00 horas e os que si as serven poden estar abertos até a 1:00 horas. As barras continúan pechadas, nas terrazas permitense grupos de 10 persoas e nos interiores dos locais de 6.  Cómpre salientar que o uso da máscara e a distancia de seguridade interpersoal seguen a ser obrigatorias en todos os casos. Podes consultar aquí todas as medidas adoptadas pola Xunta de Galicia que afectan ao Concello de Ames na actualidade.

O Nivel medio baixo de restricións pola COVID 19 no que se atopa o concello de Ames desde o 00:00 horas do 29 de maio, implica que se permite a mobilidade en todos os concellos, a excepción daqueles que en cada momento se atopen en nivel máximo de restricións.

Hostalería
Na hostalería permítese un aforo do 50% no interior dos establecementos e do 75% nas terrazas. No interior, os grupos non poderán superar as 6 persoas por grupo e no exterior non poderán xuntarse máis de 10 persoas. As barras seguen permanecendo pechadas. Os establecementos que non sirvan ceas deberán pechar ás 11:00 horas e os que si as sirvan poden estar abertos até a 1:00 horas.

Xuntanzas
Permitense as xuntanzas de até 6 persoas en espazos pechados e de 10 en espazos ao aire libre. Desde a 1:00 horas até ás 6:00 horas só se permite as xuntanzas de conviventes.

Establecemenos comerciais
Nos establecementos comerciais o aforo non pode superar o 75% da súa capacidade total.

Vehículos
En vehículos particulares permítense viaxes de persoas non convivintes. Porén, cómpre lembrar que entre non convicintes segue a ser obrigatorio o uso de máscara.

Instalacións deportivas
As instalacións deportivas están abertas e permiten a práctica da actividade entre persoas non convivintes en grupos de até 6 persoas no interior e de até 10 en exteriores.

Cómpre salientar que o uso da máscara e a distancia de seguridade interpersoal seguen a ser obrigatorias en todos os casos.

Podes consultar aquí todas as medidas adoptadas pola Xunta e Galicia que afectan ao Concello de Ames na actualidade.

Actualización medidas COVID19