Solapas principales

Ames celebra as festas na honra de Santo Tomé o 1 e o 2 de xullo

Viernes, 30 de junio de 2023

A parroquia de Santo Tomé de Ames organiza esta fin de semana dous días de festas para conmemorar o día de Santo Tomé, patrón da localidade. A celebración estará marcada polas actuacións musicais nas sesións vermús e as verbenas, así como polos pasarrúas que recorrerán a parroquia. Os festexos realizaranse no campo da festa de Ames.   

A festividade arrinca o sábado, día 1, ás 9:00 horas, con 21 bombas de palenque. Ás 9:30 horas haberá un pasarrúas da man do grupo de gaitas Os Retranqueiros, unha actuación incluída dentro do programa "Música nas parroquias", organizado pola Concellaría de Cultura. A continuación ofrecerase a sesión vermú, que contará co grupo Rosan, orquestra que tamén estará presente na verbena, xunto cos DJs Frisco, Marcos Peón, Celso Bayo e Hugo Leivas.

O domingo volveranse tirar, arredor das 9:00 horas, 21 bombas de palenque para anunciar as festas. Xa ás 9:30 haberá de novo un pasarrúas, a cargo de Os retranqueiros, tamén dentro da programación de "Música nas parroquias". As festas pecharanse cunha sesión vermú e unha gran verbena amenizadas pola orquestra Barceló.

Cartaz das festas de Santo Tomé de Ames 2023

Multimedia

  • Cartaz das festas de Santo Tomé de Ames 2023