- Tematica
O vindeiro mércores, 7 de abril, é o Día Mundial da Saúde. O Concello de Ames, a través da Concellaría de Benestar Social, celebrará a Semana da Saúde que, dende o 5 de abril, organizaranse diferentes accións. Os establecementos do Concello relacionados coa área sanitaria colaboran con actividades como revisións gratuítas, análises ou descontos específicos. Ademais, os rapaces e rapazas poderán visitar a exposición “Os Bolechas coñecen o que é a diabetes”.
Do 5 ao 10 de abril celebrarase a Semana da Saúde en Ames, para elo, a Concellaría de Benestar Social convidou aos establecementos do Concello que teñen que ver ca saúde a colaborar con diferentes accións ,tanto preventivas como informativas. Cada establecemento colaborador contará cun panel identificativo da campaña onde especificarán as accións que levan a cabo.
Os participantes son: Farmacia Beatriz Barreiro Vilas , Farmacia Milladoiro, Farmacia Antucho Espinosa, Ollar, centro optico e auditivo, Ótica Tambre, Óptica Enríquez, Alain Affelou, Öptica Da Vinci, Centro Óptico Novo Milladoiro e Ortopedia Milladoiro. Todos estes negocios desenvolverán actividades como revisións gratuítas, medicións de niveis (glucosa, colesterol, tensión arterial,..) descontos específicos, campañas de prevención, plan renove cepillos dentais ou a campaña "Cada Kilo Conta". Para participar e acudir a algunhas destas actividades é necesario pedir cita previa en cada establecemento.
Ademais, os veciños e veciñas poderán acudir á Casa de Cultura de Bertamiráns para visitar a exposición de ANEDIA,“Os Bolechas coñecen o que é a diabetes”, que estará aberta ao público dende o luns 5 até o domingo 18 de abril.
Novas relacionadas:
El Correo Gallego: "Revisións de balde en abril e mostra polo Día da Saúde cos Bolechas"