Solapas principales

Ames conmemora o Día Internacional do Orgullo LGTBIQ+

Viernes, 28 de junio de 2024

Este mércores, 28 de xuño, celébrase o Día Internacional do Orgullo LGTBIQ+. O Concello de Ames, a través do departamento de Igualdade, sumouse a esta conmemoración coa lectura dun manifesto reivindicativo na praza do Concello, que tivo lugar esta mañá. Ademais entregóuselle o premio ao gañador do concurso fotográfico LGTBIQ+, que se enmarca na campaña “Ames a quen ames faino con orgullo”. A praza do Concello, en Bertamiráns, e maila entrada da Casa da Cultura do Milladoiro permanecerán decoradas ata o luns 1 de xullo con paraugas coas cores da bandeira LGTBIQ+.

O Concello de Ames conmemorou esta mañá o Día do Orgullo LGTBIQ+. A xornada deu comezo ás 11:00 horas, coa concentración dos concelleiros e concelleiras da Corporación municipal, así como dos traballadores e traballadoras do Concello, na escalinata principal; para dar lectura ao manifesto e repartir o merchandising aos presentes.

O texto foi lido polo alcalde, Blas García; a concelleira de Benestar Social e Igualdade, Uxía García; e polas concelleiras Oliva Agra, do grupo municipal do Partido Popular; Escarlata Pampín, do grupo municipal do Bloque Nacionalista Galego; e Luísa Feijóo, do grupo municipal de Espazo Común.

Dito manifesto avoga por “seguir loitando polos dereitos, para conseguir a plena igualdade eliminar a LGTBIQfobia, dentro e fóra do noso concello. Por iso hoxe esta Corporación ve necesario un compromiso institucional real por parte das distintas administracións, dotado de recursos, que garanta a aplicación das políticas demandadas polos colectivos LGTBI, como poden ser:

-Posta en marcha dun programa de educación inclusiva e o apoio do alumnado LGTBI nos centros educativos.
-Medidas legais que garantan a seguridade das persoas do colectivo, que persigan o odio e os atentados á dignidade das persoas.
-O remate da LGTBIQfobia, un tipo de violencia moi presente en todos os ámbitos da vida.

Hai moito camiño percorrido, pero máis queda por percorrer. Debémosllo a todas aquelas persoas que soñaron cun mundo mellor que nunca chegaron a ver, a aquelas que a diario se ver sinaladas e estigmatizadas e a aquelas que están por vir, que merecen un mundo máis xusto. Dende aquí reiteramos unha vez máis o berro que proferimos fai un ano: AMES A QUEN AMES, FAINO CON ORGULLO!”

Concurso fotográfico LGTBIQ+
Ademais, trala lectura do manifesto entregóuselle o premio ao gañador do concurso fotográfico LGTBIQ+, que se enmarca na campaña “Ames a quen ames faino con orgullo”. Vicente Javier González López “Checho”, veciño do Milladoiro, é o gañador do concurso fotográfico. Na primeira edición deste certame participaron 6 persoas: Vicente Javier González López, Almudena Dorribo Morales, María Porras Alcón, Alejandro José Pernía Paredes, María Camino Tellado Fernández e Aránzazu Álvarez Hernández.  

Ames baixo o paraugas da igualdade
Este ano para conmemorar este día decidiuse decorar a praza do Concello, en Bertamiráns, e maila entrada da Casa da Cultura do Milladoiro con paraugas coas cores da bandeira LGTBIQ+. Dita decoración permanecerá instalada ata o luns 1 de xullo. Ademais, nas pantallas informativas do Concello pódese ver a foto gañadora do concurso fotográfico.

Colocación da bandeira LGTBIQ+ nos monólitos do concello
Por outra banda, este ano continuouse coa iniciativa iniciada en 2023 de colocar a bandeira LGTBIQ+ en diversos monólitos do concello. Dende xuño de 2023 os monólitos de acceso ao termo municipal, situados nas inmediacións de Bertamiráns e do Milladoiro, están vestidos coas cores da bandeira LGBTI+ e a inscrición “Ames a quen Ames, faino con orgullo”. Este ano dáselle continuidade a esta iniciativa colocando a bandeira LGBTI+ noutros tres monólitos: na entrada do Milladoiro (na estrada SC-20), en Raíces e en A Agrela. A idea é ir cada ano colocando a bandeira LGBTI+ en varios monólitos ata completar todos os monólitos instalados no termo municipal.

Ames conmemora o Día Internacional do Orgullo LGTBIQ+

Multimedia

  • Ames conmemora o Día Internacional do Orgullo LGTBIQ+
  • Ames conmemora o Día Internacional do Orgullo LGTBIQ+
  • Ames conmemora o Día Internacional do Orgullo LGTBIQ+
  • Ames conmemora o Día Internacional do Orgullo LGTBIQ+
  • Ames conmemora o Día Internacional do Orgullo LGTBIQ+
  • Ames conmemora o Día Internacional do Orgullo LGTBIQ+
  • Ames conmemora o Día Internacional do Orgullo LGTBIQ+
  • Ames conmemora o Día Internacional do Orgullo LGTBIQ+
  • Ames conmemora o Día Internacional do Orgullo LGTBIQ+
  • Ames conmemora o Día Internacional do Orgullo LGTBIQ+
  • Ames conmemora o Día Internacional do Orgullo LGTBIQ+
  • Ames conmemora o Día Internacional do Orgullo LGTBIQ+
  • Ames conmemora o Día Internacional do Orgullo LGTBIQ+