Solapas principales

Ames conmemorou o aniversario de Rosalía de Castro cunha gala-homenaxe repleta de poesía e música na Casa da Cultura de Bertamiráns

Lunes, 27 de febrero de 2023

O pasado sábado, 25 de febreiro, celebrouse na Casa da Cultura de Bertamiráns unha gala-homenaxe a Rosalía de Castro con motivo do aniversario da escritora. O evento, que buscaba poñer en valor a obra de Rosalía e destacar a súa valía como figura comprometida e feminista, foi conducido pola xornalista Esther Estévez. A  parte musical correu a cargo da cantora e compositora Najla Shami. Ademais, participaron máis de cincuenta persoas en representación dos centros educativos de infantil, primaria e secundaria do concello. Premendo nesta ligazón podes ver a galería de fotos da gala.

A gala comezou cunha actuación de Najla Shami, seguida dun vídeo preparado pola Escola Infantil do Milladoiro no se que amosaron diferentes poemas de Rosalía ilustrados e recitados polas crianzas.

A continuación, a xornalista Esther Estévez, encargada de presentar o evento, deulle paso á concelleira de Normalización Lingüística, Escarlata Pampín, e ao alcalde de Ames, Blas García. Escarlata Pampín, tras recitar un dos poemas máis famosos da autora, “A xustiza pola man”, recordou a importancia da súa figura, non só como abandeirada da lingua galega, senón tamén como pioneira do feminismo e como referente do compromiso por Galicia. O alcalde, Blas García, tamén leu uns versos de Rosalía e fixo fincapé no vínculo entre as raíces familiares da escritora e a parroquia de Ortoño. Ademais, insistiu na riqueza que nos achega a lingua galega e animou aos presentes a empregala no seu día a día.

A comunicadora Paula Señarís foi a seguinte en subir ao escenario, onde tivo a oportunidade de ler o manifesto “Cumpriuse a xustiza”, escrito por Carme Adán para a Asociación de Escritoras e Escritores en lingua galega no Día de Rosalía.

No acto participaron tamén rapaces e rapazas de todos os centros educativos do concello, das etapas de infantil, primaria e secundaria. En primeiro lugar saíron os e as representantes de terceiro curso de Primaria do CEIP Agro do Muíño, que recitaron o poema “Xan”, ao son da gaita, do tambor e da pandeireta. Posteriormente, dous alumnos de sexto presentaron as súas propias regueifas, baixo o título “Regueifando con Rosalía”. Así mesmo, tamén se proxectou un vídeo do alumnado do CEIP de Barouta, no que se amosou o xardín de Rosalía que as crianzas crearon no centro.

A intervención dos rapaces e rapazas do IES do Milladoiro contou con coplas, poesía e música. As alumnas elaboraron unhas “Coplas a Rosalía”, recitaron “Eu ben vir estar o moucho” e representaron unha adaptación musical con piano e frauta do poema “Negra sombra”.

O alumnado do CEP de Ventín púxolle voz aos poemas “Os Carballos” e “Adiós ríos, adiós fontes”, e o CEIP da Maía fixo vibrar o auditorio con “Negra sombra ao ritmo de rap. Xa para rematar as actuacións dos centros educativos, o profesor Carlos Negro e a alumna Sara García, do IES de Ames, recitaron “Miña santiña, miña santasa”.

No evento tamén participou o Club de Patinaxe Sarela, representado por Jorge Sanmartín e Roi Blanco, que recitaron “Unha vez tiven un cravo” e “De balde”. Borja Golán, campión europeo de squash e veciño de Ames, subiu ao escenario co poema “Cantarte hei, Galicia” e Lara Rozados, escritora, actriz e profesora no IES do Milladoiro, con “Tecín soia a miña tea”.

A parte humorística púxoa a frescura dos integrantes do Exército Mekemeke, responsables da canle de Youtube amesá finalista nos premios Youtubeir@s 2023, que asaltaron o escenario para descubrinos a identidade Mekemeke de Rosalía de Castro.

O peche correu a cargo, novamente, de Najla Shami, cunha actuación moi participativa na que todo o público coreou versos rosalianos.

Premendo nesta ligazón podes ver a galería de fotos da gala.

Novas relacionadas:

El Correo Gallego: "Ames homenaxeou a Rosalía nunha gala chea de música e de poesía na que se enxalzou o seu feminismo"

Ames conmemorou o aniversario de Rosalía de Castro cunha gala-homenaxe repleta de poesía e música na Casa da Cultura de Bertamiráns

Multimedia

  • Ames conmemorou o aniversario de Rosalía de Castro cunha gala-homenaxe repleta de poesía e música na Casa da Cultura de Bertamiráns