Solapas principales

Ames e Negreira colaborarán para dotar de saneamento ao lugar negreirés da Ponte Maceira

Martes, 18 de mayo de 2021

Esta mañá os alcaldes de Ames, Blas García, e de Negreira, Manuel Ángel Leis, xunto con técnicos municipais de ambos Concellos, achegáronse ata o lugar da Ponte Maceira. O obxectivo é dotar do servizo de saneamento ás vivendas da Ponte Maceira que están situadas no concello de Negreira. Para iso, estanse barallando diversas opcións como poden ser conectar a rede de saneamento, que está pendente de executar, ao sistema de bombeo situado na parte amesá da Ponte Maceira ou á depuradora que o Concello de Ames ten en Agrón. O Concello de Negreira elaborará o proxecto para a realización do saneamento na súa zona, xa que a parte amesá de A Ponte Maceira xa dispón del dende hai uns anos.

O pasado 28 de abril os alcaldes de Ames, Blas García, e de Negreira, Manuel Ángel Leis, mantiveron unha xuntanza de traballo, que se enmarcou na rolda de contactos que tivo o rexedor amesán cos alcaldes dos concellos limítrofes. En dita reunión quedaron en visitar, cos técnicos municipais de ambos concellos, o lugar da Ponte Maceira, para ver a posibilidade de dotar de rede de saneamento ás vivendas da Ponte Maceira que están situadas no concello de Negreira.

Deste xeito, estanse estudando varias alternativas. Unha delas implicaría conectar a rede de saneamento ao sistema de bombeo situado na parte amesá da Ponte Maceira, mentres que unha segunda opción sería conectar a nova rede que hai que executar á depuradora que o Concello de Ames ten en Agrón. Previamente, o Concello de Negreira terá que elaborar o proxecto para a realización do saneamento na súa zona, xa que a parte amesá de A Ponte Maceira xa dispón del dende hai uns anos.

O alcalde de Ames, Blas García, destacou durante a visita que “por parte do Concello de Ames, como ben sabe o alcalde de Negreira, existe total dispoñibilidade para colaborar no que sexa preciso. Tanto co técnico municipal do ciclo integral da auga como cos medios que temos xa do outro lado do río, para que poida sacar o saneamento, tanto como pola zona de bombeo que temos na Ponte Maceira, como, se fose necesario, conectar a rede á depuradora de Agrón. Estamos a súa disposición e imos traballar conxuntamente e, como eu sempre defendo, ofrecendo colaboración entre Concellos limítrofes, que é importante e ten que estar á orde do día”.

O alcalde de Negreira, Manuel Ángel Leis, explica que estamos estudando a viabilidade de executar un proxecto para dotar de saneamento á parte da Ponte Maceira que pertence ao concello de Negreira. Para iso contamos coa colaboración do Concello de Ames. Hai distintas opcións que estamos barallando. Existe un antigo proxecto feito con Augas de Galicia e Patrimonio que estamos intentando recuperar para poder revisalo e ver cal das opcións existentes é a máis axeitada. A nosa intención é intentar dotar de saneamento ás vivendas deste lugar durante o que queda de mandato. A Ponte Maceira foi declarado como un dos Pobos máis bonitos de España e os veciños e veciñas deste lugar non poden seguir moitos máis anos sen este servizo”.

Novas relacionadas:

El Correo Gallego: "A Ponte Maceira completará su primer alcantarillado público al colaborar Negreira y Ames"

La Voz de Galicia: "Ames y Negreira colaborarán para dotar de saneamiento a todo el núcleo de Ponte Maceira"

Lindeiros: "Saneamento para as vivendas de Ponte Maceira en Negreira"

 

Imaxe da visita ao lugar da Ponte Maceira

Multimedia

  • Imaxe da visita ao lugar da Ponte Maceira
  • Imaxe da visita ao lugar da Ponte Maceira