- Tematica
O portal de observación social de ética e transparencia pública Dyntra segue situando ao Concello de Ames como a terceira institución municipal máis transparente de Galicia, e colócao no posto número 109 de España. O Concello conta con 96 indicadores publicados dos 162 que recolle Dyntra, alcanzando así unha porcentaxe do 59,26% no índice DAM (Dyntra Ayuntamientos y Municipios), que inclúe aos municipios de máis de 15.000 habitantes. A avaliación recolle seis apartados, nos cales Ames obtén as seguintes puntuacións: 61,54% en transparencia municipal; 54,55% en participación e colaboración cidadá; 51,85% en transparencia económica-financieira; 75% en contratacións de servizos; 60% en urbanismo e obras públicas e 0% en Open Data.
A última avaliación publicada polo portal de auditoría e observación social Dyntra sitúa a Ames como o terceiro Concello máis transparente dos 34 municipios galegos que teñen máis de 15.000 habitantes, logrando unha puntuación do 59,26%, e sendo superado só polos Concellos da Coruña e de Pontevedra. Estes datos supoñen unha mellora dun 2,47% con respecto á última avaliación realizada por Dyntra. Ademais, o municipio tamén escala no ránking a nivel estatal. Se en setembro se situaba no posto 117, actualmente ostenta o 109.
O portal municipal web, xestionado polo departamento de Comunicación do Concello, aposta por potenciar os contidos de transparencia para cumprir cos índices da organización Transparencia Internacional. Desta maneira, este tipo de datos poden atoparse nos apartados “Transparencia” e “Organización municipal”, organizados de maneira accesible á veciñanza. Por outra banda, dende o 2017 o Concello publica información sobre a xestión orzamentaria na páxina web dos Orzamentos abertos, baseada nos principios de transparencia, eficacia, participación e consulta.
A avaliación de Dyntra está dividida en seis apartados, nos cales o Concello de Ames obtén as seguintes puntuacións: 61,54% en transparencia municipal; 54,55% en participación e colaboración cidadá; 51,85% en transparencia económica-financieira; 75% en contratacións de servizos; 60% en urbanismo e obras públicas e 0% en Open Data. A avaliación da transparencia está baseada no índice DAM (Dyntra Ayuntamientos y Municipios).
O portal rexistra unha evolución moi favorable do Concello dende as primeiras avaliacións rexistradas. En outubro do 2015, cando se recolleron os primeiros datos de transparencia, o índice de Ames situábase no 16,78%. Xa no 2016, a porcentaxe evolucionou favorablemente cara un 29,45%. A partir do ano 2020, tras a implantación uns meses antes da nova páxina web municipal e do novo Portal de Transparencia, alcanzouse o 57,67%.
A concelleira de Transparencia, Vanessa Vidal, sinala que “o Concello de Ames cumpre con 96 dos 163 indicadores que fixa o índice DAM para avaliar a transparencia dos municipios. Atopámonos a só 4 indicadores do primeiro concello no ránking galego, o da Coruña. Xa estamos a preparar novas actualizacións para enviar a avaliar a Dyntra, polo que, previsiblemente, antes de que remate este mandato poderemos poñernos á cabeza da clasificación galega”.
Aspectos avaliados por Dyntra
No apartado de transparencia municipal o Concello de Ames obtén unha puntuación do 61,54%. Esta sección está á súa vez dividida en diversos apartados: información sobre os cargos electos e o persoal do Concello (54,55%, 18 de 33 indicadores); información sobre a organización e o patrimonio do Concello (70%, 7 de 10 indicadores); información sobre normas e institucións municipais (81,82%, 9 de 11 indicadores); e planificación e organización do Concello (54,55%, 6 de 11 indicadores).
Por outra banda, na sección de participación e colaboración cidadá a porcentaxe acadada por Ames é do 54,55%. Neste apartado inclúense a información e a atencións ao cidadán (63,64%, 7 de 11 indicadores) e o grado de compromiso coa cidadanía (50%, 11 de 22 indicadores).
En terceiro lugar sitúase a sección de transparencia económica-financieira, na que se obtén unha puntuación do 51,85%, e dentro da que se inclúe a información contable e orzamentaria (40%, 2 de 5 indicadores); a transparencia nos ingresos e gastos municipais (20%, 1 de 5 indicadores); a transparencia nas débedas municipais (25%, 1 de 4 indicadores); así como a información económica e orzamentaria (76,92%, 10 de 13 indicadores).
O apartado contratacións de servizos está á cabeza nas puntuacións, logrando acadar unha porcentaxe do 75%. Os procedementos de contratación de servizos valóranse cun 100%, cumprindo tres de tres indicadores posibles; e tamén se puntúa cun 100% as relacións e operacións con provedores e contratistas. Por último, a subsección contratos, convenios e subvencións obtén un 64,64% (7 de 11 indicadores).
Urbanismo e obras públicas alcanza un 60%: os plans de ordenación urbana e convenios urbanísticos acadan o 100%, igual que a información sobre empresas concorrentes, ofertas e resolucións. As decisións sobre recalificacións e adxudicacións urbanísticas logran un 50%, mentres que os anuncios e licitacións de obras públicas acadan o 75%. Por outra banda, o seguimento e control da execución de obras chega ao 40%. A subsección indicadores sobre urbanismo e obras públicas é valorado cun 0%, ao non contar con ningún dos tres aspectos a avaliar publicados.
Para finalizar, o Concello tampouco obtén puntuación no apartado de open data, ao non contar cunha plataforma deste tipo na que se publiquen os datos en formato aberto.
Novas relacionadas:
El Correo Gallego: "La capital maiana , el tercer municipio más transparente entre los grandes y medianos"