Solapas principales

Ames participa no primeiro foro Galicia RAEE para abordar a nova normativa sobre a xestión dos residuos de aparatos eléctricos e electrónicos

Lunes, 10 de febrero de 2025

O concelleiro de Xestión do Medio Natural, Atención ao Rural, Transparencia e Patrimonio, Javier Antelo, participou a semana pasada no I Foro Galicia RAEE. Tratouse dun encontro de profesionais do sector da xestión e recollida de residuos eléctricos e electrónicos que contou co patrocinio da fundación ECOLEC e PreZero e a colaboración da Xunta de Galicia. Dito foro estivo organizado pola Asociación Nacional de Empresas Distribuidoras de Electrodomésticos e a Asociación Profesional de Empresas Medioambientais de Galicia.

O foro Galicia RAEE tivo por obxectivo reunir ás administracións públicas de todos os ámbitos, ás persoas directivas das fundacións e empresas responsables da recollida de RAEE e, por suposto, aos empresarios e empresarias das pequenas empresas que forman parte de ADEN e APROEMA.

Dentro do programa, que contou coa condución do presentador Terio Carrera, tivo lugar un encontro networking e un relatorio da científica Deborah García Bello. Para achegar as solucións de presente e futuro no referente á xestión de residuos eléctricos e electrónicos tiveron lugar dúas mesas redondas que contaron cunha decena de participantes de todos os ámbitos co obxectivo de facer un punto de inflexión entre os logros levados a cabo os últimos anos e os retos existentes, sobre todo, no referente ao impacto das novas normativas.

Entre os diferentes temas tratados púxose en valor a intelixencia artificial como factor primordial para obter información sobre a fabricación dos aparellos eléctricos e electrónicos e, por suposto, o impacto das novas normativas. Unha cuestión que preocupa moito, especialmente ás pequenas empresas, cunha demanda común: a flexibilización para unha adaptación que non será sinxela dados os novos requisitos que se esixen.

Precisamente, o concelleiro de Xestión do Medio Natural, Atención ao Rural, Transparencia e Patrimonio, Javier Antelo, que acudiu tamén acudiu ao foro como representante da FEGAMP, centrou a súa intervención sobre a adaptación dos concellos galegos, e entre eles do Concello de Ames, á nona normativa dos RAEE.

Javier Antelo explicou que “os Concellos están adaptándose á nova normativa, pero solicitou tempo para poder facelo ben porque é un tema complexo. Non houbo tempo para dita adaptación. En Ames estamos elaborando unha ordenanza para para poder adaptarnos a esta normativa europea de obrigado cumprimento”.

Ademais,  o concelleiro de Xestión do Medio Natural, Atención ao Rural, Transparencia e Patrimonio incidiu na “necesidade de dotar de recursos económicos aos Concellos. A maior parte dos orzamentos dos Concellos xa están comprometidos, polo que non hai marxe para asumir novas competencias”.

Por último, dixo que para abordar este tema “é fundamental a coordinación entre as distintas administracións. A partir do 10 de abril a norma obriga a que cada persoa ten que facerse cargo dos residuos que xera, e van a esixirnos controis. Será preciso cambiar todo o sistema de recollida con novos contedores e camións. As superficies comerciais  deben de xestionar o 100% dos residuos que producen e serán necesarias novas ordenanzas e taxas”.

Ames participa no primeiro foro Galicia RAEE para abordar a nova normativa sobre a xestión dos residuos de aparatos eléctricos e electrónicos

Multimedia

  • Ames participa no primeiro foro Galicia RAEE para abordar a nova normativa sobre a xestión dos residuos de aparatos eléctricos e electrónicos