Solapas principales

Ames súmase á conmemoración do Día Mundial do Neno Prematuro

Martes, 17 de noviembre de 2020

Hoxe, martes 17 de novembro, celébrase o Día Mundial do Neno Prematuro.  Durante todo ese día, a Casa consistorial de Ames estará iluminada de cor violeta para concienciar á sociedade sobre os problemas aos que se enfrontan tanto os bebés prematuros como os seus pais e o impacto emocional que supón.

Como adoita suceder con todas as celebracións de interese social, o Concello de Ames celebrará o día Mundial do Neno Prematuro coa intención de dar visibilidade a esta realidade, concienciar á cidadanía sobre os problemas aos que se enfrontan os bebés prematuros e o impacto emocional que supón. Durante toda a xornada deste, 17 de novembro, a fachada da Casa Consistorial tinguirase de luz violeta.

Estímase que cada ano nacen no mundo uns 15 millóns de nenos prematuros, mentres que en España, un 7%. Cando o parto se produce antes das 37 semanas de xestación, os riscos aos que se somete o bebé son maiores. Máis dun millón de bebés prematuros falecen cada año, sendo a prematuridade e as súas complicacións a primeira causa de morte neonatal e a segunda de morte en menores de cinco años. Non obstante, estímase que ata un 75% desas mortes poderían evitarse cunha serie de coidados sencillos como apoio á lactancia materna, tratamento para as infeccións e os problemas respiratorios.

Ademais, moitos dos nenos prematuros que sobreviven sofren complicacións que orixinan algún tipo de discapacidade ou problemas de aprendizaxe, problemas visuais ou auditivos.

Atendendo aos datos do Rexistro Nacional de recén nacidos fillos de madres COVID-19, que está levando a cabo a Sociedade Española de Neonatología (SeNeo), a tasa de prematuridade foi do 11,2%, oscilando entre el 26,7% ao inicio da pandemia e o 5,9% en outubro.

A Asociación de Padres de Niños Prematuros (APREM) quere adicar este ano o Día Mundial da Prematuridade para facer un chamamento ás autoridades sanitarias e á sociedade para que fagan un esforzo especial por atender as necesidades dos nenos vulnerables e das súas familias nunha situación tan complexa, como a actual.

Neste sentido, a asociación considera que é importante que se recuperen totalmente os avances conseguidos na participación dos pais nas Unidades de Neonatología, que se viron afectados pola Covid-19, e que se aprobe a implantación da Neonatología como ACE (Área de Capacitación Específica). Ademais, denuncia a falta de equidade entre as Comunidades Autónomas en torno á atención temprana que necesitan algún dos nenos prematuros.

Pola súa parte, a Concelleira de Benestar Social, Luísa Feijóo asegurou que : “Queremos resaltar e agradecer o gran traballo d@s profesionais que traballan na Unidade de Neonatoloxía do CHUS”.

A Asociación de Padres de Niños Prematuros outorga cada ano o Premio Patuco de Honor a personalidades, organizacións ou sociedades que aportan esforzos a mellorar a calidade de vida dos nenos prematuros e as súas familias. Este ano 2020, que coincide coa oitava edición, o Premio recaeu sobre o Comité Asesor de Vacuna de Asociación Española de Pediatría pola súa loita a favor das vacinas e a súa magnífica labor divulgativa.

A APREM, para conmemorar o Día Mundial do Neno Prematuro, organizará un encontro virtual hoxe, martes 17, ás 18.30h. Nesta tertulia participarán familias, profesionais e xóvenes que naceron prematuramente. Poderase seguir a través do perfil de YouTube de la Universidad Complutense de Madrid.

Ames súmase á conmemoración do Día Mundial do Neno Prematuro