Jueves, 02 de abril de 2020
- Tematica
A Casa do Concello de Ames iluminarase de azul esta noite para conmemorar o Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo, que se celebra cada 2 de abril. Con este xesto, o Concello mostra o seu apoio ao colectivo de persoas con trastorno do espectro autista. Este ano debido ás circunstancias polo coronavirus (COVID-19), este 2 de abril de 2020, non será posible celebrar actos nas rúas en representación do Día Mundial do Autismo. Por iso, faise fincapé noutros actos que podan dar visibilidade ao colectivo, como por exemplo Light It Up Blue / Ilumínao de azul.
No ano 2007, a Asemblea Xeral das Nacións Unidas declarou o 2 de abril como o Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo, co obxectivo de poñer o aceno na necesidade de traballar en prol da mellora da calidade de vida das persoas con autismo como parte integrante da sociedade. Para conmemorar este día, as organizacións Autismo Europa, Autismo España e Autismo Galicia promoven unha serie de actividades para dar visibilidade a este tipo de trastorno.
Así, o Concello de Ames, a través da Concellaría de Benestar Social, participa un ano máis na campaña de concienciación #LIUB, mediante a que edificios e monumentos de todo o mundo se iluminan de azul como mostra de apoio e solidariedade con todas as persoas con TEA. Deste xeito, esta noite a fachada da Casa do Concello, situada en Bertamiráns, tinguirase de cor azul, sumándose a esta iniciativa mundial promovida por Autism Speaks (Light It Up Blue).
Ademais este ano, debido á situación actual que estamos vivindo como consecuencia da pandemia polo COVID-19, faise un chamamento á cidadanía para que este xoves, 2 de abril, ás 21:00 horas, saian nas súas terrazas, balcóns ou fiestras, para apagar as luces das súas casas e acenden a lanterna do móbil, unha lámpada ou calquera outra fonte de luz, como mostra de solidariedade coa xente con TEA e as súas familias, así como con todas as persoas que estes días atenden ao colectivo.
Concienciación social sobre o TEA
Mediante esta campaña preténdese aumentar a conciencia social sobre o TEA para que a cidadanía saiba que todos podemos contribuír á inclusión das persoas con este tipo de trastorno con pequenos xestos, ao tempo que se busca concienciar aos dirixentes políticos sobre a necesidade de promover políticas centradas no respecto aos dereitos das persoas autistas.
Mediante esta campaña preténdese aumentar a conciencia social sobre o TEA para que a cidadanía saiba que todos podemos contribuír á inclusión das persoas con este tipo de trastorno con pequenos xestos, ao tempo que se busca concienciar aos dirixentes políticos sobre a necesidade de promover políticas centradas no respecto aos dereitos das persoas autistas.
Neste senso, tamén se quere manifestar a importancia de que se aprobe e poña en marcha un plan de acción da estratexia en TEA, tanto a nivel europeo como español, no que se establezan os recursos necesarios e se fixe un calendario coas accións máis urxentes para mellorar a calidade de vida deste colectivo e as súas familias.
Así mesmo, entre os obxectivos do movemento asociativo encontrase o de promover a implantación total da Convención da ONU sobre Dereitos das Persoas con Discapacidade, aprobado en decembro de 2006.