Solapas principales

Ames volve participar na iniciativa solidaria “Painting for Others” a través da Oficina de Voluntariado e a ONG Cooperación Internacional

Lunes, 31 de julio de 2023

O proxecto solidario da organización Cooperación Internacional, “Painting for Others”, achégase a Ames por segundo ano consecutivo da man da Oficina de Voluntariado para rehabilitar vivendas de persoas con menos recursos. Nesta iniciativa participan 15 mozos e mozas de Madrid que comezaron hoxe a pintar unha vivenda no Milladoiro, que foi seleccionada polos servizos sociais do Concello de Ames. Estas persoas son voluntarias que están de visita en Santiago de Compostela. Ademais, participan de dito programa solidario pintando no seu tempo libre as paredes de casas en estado de precariedade, á vez que gañan consciencia sobre as dificultades de outras persoas, aportando mans de pintura, calidez e proximidade.

A Oficina de Voluntariado de Ames sumouse en 2022 ao proxecto solidario “Painting for Others”, nado hai máis de 20 anos na cidade de Sevilla e que promove a ONG Cooperación Internacional. Ter unha vivenda digna é un dereito e afecta de xeito moi importante á calidade de vida das persoas. Con este fin púxose en marcha esta iniciativa, que busca rehabilitar os fogares de persoas con menos recursos co traballo e a implicación de mozos/as voluntarios e voluntarias.

O labor principal consiste no pintado e na limpeza de paredes, para a que as persoas voluntarias reciben unhas sesións de formación que lles permitan axudar do mellor xeito ás necesidades das persoas. Ao mesmo tempo, búscase sensibilizar sobre as condicións de vida e as dificultades as que se enfrontan outras persoas, e contribuír á vez ao estado de ánimo destas familias ou persoas soas, que reciben das voluntarias e voluntarios un trato próximo e cálido.

Deste xeito, este luns 31 de xullo 15 mozos e mozas, que están de visita en Santiago de Compostela, comezaron a pintar unha vivenda no Milladoiro, que foi seleccionada polos servizos sociais do Concello de Ames. Os traballos realizaranos durante tres días, ata o mércores 2 de agosto. Está previsto pintar tres vivendas máis nesta edición de “Pintando para os demais”. Trátase de dignificar vivendas de persoas do noso concello con baixos recursos.

O coordinador da Oficina de Voluntariado de Ames, Rubén Ramos, explica “estamos encantados de que unha iniciativa solidaria tan potente e tan enriquecedora para todas as partes se poida facer en Ames e se asente como programa importante dentro da nosa acción voluntaria”.

A concelleira de Benestar Social, Igualdade e Voluntariado, Uxía García, destaca “a dobre función que ten o programa Pintando para os demais. Primeiro, a través desta iniciativa, mellórase o estado no que se atopan algunhas vivendas de veciños e veciñas do noso concello con baixos recursos. En segundo lugar, é unha experiencia moi enriquecedora para os 15 mozos e mozas que participan nesta iniciativa, xa que son conscientes e sensibilízanse coas dificultades que atravesan moitas familias”. Ademais, agradece “a colaboración da organización Cooperación Internacional por desenvolver en Ames o programa Painting for Others”.

Novas relacionadas:

El Correo Gallego: "Quince voluntarios ayudan a vecinos de Ames con escasos recursos pintando sus inmuebles"

Ames Go: "Painting for others volve pintar unha vivenda en Ames de xeito solidario"

El Correo Gallego: "Quince voluntarios ayudan a vecinos de Ames con escasos recursos pintando sus inmuebles"

Ames volve participar na iniciativa solidaria “Painting for Others” a través da Oficina de Voluntariado e a ONG Cooperación Internacional

Multimedia

  • Ames volve participar na iniciativa solidaria “Painting for Others” a través da Oficina de Voluntariado e a ONG Cooperación Internacional
  • Ames volve participar na iniciativa solidaria “Painting for Others” a través da Oficina de Voluntariado e a ONG Cooperación Internacional