Solapas principales

A amesá Lucía Nieto gaña o premio mentorización do evento #EmprendeInnovaComparte organizado por Acción Contra a Fame en colaboración co Concello de Ames

Lunes, 14 de octubre de 2019

O pasado xoves, 10 de outubro, tivo lugar na Cidade da Cultura de Santiago a celebración da primeira edición en Galicia de Emprende Innova Comparte, un evento organizado por Acción Contra a Fame, en colaboración co Concello de Ames e outras institucións. Ao longo da xornada organizáronse talleres participativos, networking e un concurso final onde a amesá, Lucía Nieto, obtivo o premio mentorización, que lle axudará a posicionar a súa futura empresa. A dito evento asistiron 32 persoas, mentres que no concurso participaron 12 emprendedores/as.

No evento, que se desenvolveu durante a xornada do xoves 10 de outubro, realizáronse unha serie de actividades nas que se creaba un punto de contacto entre empresas, persoas con proxectos que queren poñer en marcha e provedores, co fin de orixinar un marco de capacitación e impulso de novos proxectos. Este evento desenvolvese na Cidade da Cultura de Santiago de Compostela.

Representando o Concello de Ames, que colaborou no evento xunto con outras institucións, estiveron presentes no evento a concelleira de Promoción Económica, Ana Belén Paz, e o Axente de Desenvolvemento Local, Jorge Couñago, o cal tamén formou parte do xurado do concurso de ideas de negocio.

A iniciativa #EmprendeInnovaComparte celebrou a súa primeira edición en Galicia. Este evento estivo dirixido a persoas que están en situación de desemprego e interesadas en emprender, así como a participantes do programa Vives Emprende Galicia 2019. En dito evento houbo 32 persoas inscritas.

Nesta xornadas os/as participantes puideron aprender a comunicar e vender o seu proxecto a través de talleres participativos e lúdicos; participar nun concurso que premiou as tres mellores ideas de negocio; compartir experiencias con outras persoas emprendedoras e facer networking para mellorar a súa rede de contactos, provedores, clientela, financiadores...

A concelleira de Promoción Económica, Ana Belén Paz, explica que “sabemos que nos tempos que corren o emprego é unha necesidade que dende todos os organismos públicos debemos atender. En Ames témolo claro, e cada día procuramos realizar medidas que favorezan a formación e o emprego de calidade”.

Concurso de ideas de negocio
Durante a tarde houbo un concurso de ideas de negocio. As 12 persoas participantes, antes o evento, enviaron un plan de empresa que foi avaliado por un equipo técnico de Acción contra a fame. No evento desenvolveuse a fase pitch, na que as 12 persoas participantes tiveron que presentar o seu proxecto durante o taller da tarde. Deste xeito, o xurado valorou a capacidade de comunicación e venda; a motivación e entusiasmo; a claridade na exposición; que se abordasen os os puntos clave dun pitch de vendas; así como a orixinalidade e creatividade de cada un dos proxectos.

Para lograr este impulso, outorgáronse tres galardóns: premio Imaxe (creación e deseño do logotipo corporativo a cargo da empresa Conxenia Deseño Gráfico), premio Xestión (apoio á xestión administrativa e fiscal durante 6 meses a cargo da empresa + Suárez) e premio Mentorización (mentorización durante 2 xornadas sobre desenvolvemento empresarial innovador e TIC a cargo da empresa Tecalis e mentorización durante unha xornada sobre marketing a cargo de Asubía Comunicación). Ademais, os/as responsables dos proxectos premiados abónaselle a cota AJE A Coruña durante 1 ano.

Unha das galardoadas foi a amesá Lucía Nieto, co premio mentorización que lle ofrece mentorización sobre marketing e como desenvolver un proxecto empresarial a cargo das empresas Tecalis y Asubía Comunicación, ademais do abono da cota AJE A Coruña durante un ano. Os outros galardoados foron Fabiola Álvarez, Manuel Pereiro e Fabián Álvarez co premio Xestión, e Maya Alsousli co premio Imaxe.

Imaxe premios innova comparte

Multimedia

  • Imaxe premios innova comparte
  • Imaxe premios innova comparte
  • Imaxe premios innova comparte