Solapas principales

A amesá Noa Martínez, prata co equipo galego de hóckey a patíns no campionato de seleccións autonómicas

Jueves, 11 de agosto de 2022

A deportista Noa Martínez Funes, veciña de Ames, disputou o pasado mes de xuño en Maçanet de la Selva (Xirona) o campionato de España de seleccións autonómicas de hóckey a patíns, como integrante do combinado galego. Nesta competición, as galegas levaron a prata, tras alcanzar unha final na que perderon contra o equipo anfitrión, Cataluña, por 3-0.

O domingo 19 de xuño disputouse en Maçanet de la Selva, en Xirona, a final do campionato de España de seleccións autonómicas de hóckey a patíns feminino, que disputaron os equipos de Cataluña e Galicia.

Neste senso, a amesá Noa Martínez Funes participou no encontro, ao formar parte da selección galega, para a que foi convocada pola Federación Galega de Patinaxe. Martínez é parte do equipo Hóckey Club Raxoi, con base en Santiago de Compostela, no que adestra e compite.

Finalmente, as xogadoras galegas perderon 3-0 contra as catalás, que se impuxeron con goles de Xenia Matas, ao bordo da media parte, de Irina Pérez para ampliar distancias, e de Noa González, a falta de escasos segundos para o final e co equipo galego con todo ao ataque.

Deste xeito, conseguiron unha prata entre as mellores promesas nacionais no hóckey a patíns, un resultado que replicou o equipo galego masculino, que caeu derrotado na final do seu campionato, disputado en Lloret de Mar, tamén ante Cataluña, por 1-4.

Novas relacionadas:

AMSGO!: "Noa Martínez, prata co equipo galego de hóckey a patíns no campionato de seleccións autonómicas"

Enfoques: "La jugadora de hockey patines de Ames Noa Martínez, plata en el campeonato de selecciones autonómicas"

A amesá Noa Martínez, prata co equipo galego de hóckey a patíns no campionato de seleccións autonómicas

Multimedia

  • A amesá Noa Martínez, prata co equipo galego de hóckey a patíns no campionato de seleccións autonómicas
  • Noa Martínez, co Hóckey Club Raxoi