Solapas principales

A amesá Paula Blanco proclámase campioa de España en kickboxing por sétima vez

Lunes, 22 de mayo de 2023

Entre os días 4 e 7 de maio tivo lugar en Guadalajara o Campionato de España sénior de kickboxing 2023. No evento competiu a amesá Paula Blanco, que acudiu formando parte da selección galega. Blanco completou unha excelente actuación e fíxose co ouro, logrando así levantar o título de campioa de España por sétima ocasión. 

Nesta ocasión, Paula Blanco participou na categoria de light contact sénior -55 quilogramos, revalidando por terceiro ano consecutivo o seu posto de campioa de España nesta categoría.

Para alzarse co ouro, Paula Blanco gañou tres duros asaltos na semifinal contra a representante vasca; e disputou a final contra a loitadora andaluza, derrotándoa momentos antes de que se esgotase o tempo de combate.

Contando esta edición 2023, a amesá suma xa oito anos representando a Galicia nos campionatos de España, sete deles proclamándose campioa de España (incluíndo os seus dobletes).

Así, Blanco alzouse co ouro na competición junior de pointfighting -55 qilogramos en 2016, na senior light contact -60 quilogramos no 2019; así como nas senior light contact -55 quilogramos de 2019 e 2021 e 2022 (título que revalida neste 2023). Así mesmo, na modalidade de poinfighting -55 quilogramos fíxose co primeiro posto do campionato de España nos anos 2021 e 2022.

Novas relacionadas:

La Voz de Galicia: "Paula Blanco, de Ames, campeona de España por séptima vez"

AMS GO!: "A amesá Paula Blanco consegue o seu sétimo título de campioa de España en kickboxing"

Paula Blanco, no podio tras convertirse en campioa de España

Multimedia

  • Imaxe grupal dos representantes de Galicia na competición
  • Paula Blanco e a súa rival no combate final
  • A amesá Paula Blanco proclámase campioa de España en kickboxing por sétima vez