Solapas principales

Amplíase o prazo de inscrición para participar na festa dos maiores ata o 23 de xuño

Miércoles, 15 de junio de 2022

O Concello de Ames lembra que está aberto o prazo para inscribirse na festa dos maiores, que se celebrará o sábado 2 de xullo, ás 14.00 horas, no pavillón municipal de Bertamiráns. O xantar será gratis pero haberá que reservar praza chamando, de luns a venres, en horario de 9.00 a 14.00 horas, aos números de teléfono: 881 074 730 / 669 119 431 / 673 739 011 / 662 377 022. O prazo para inscribirse ampliouse ata o 23 de xuño. Posteriormente, haberá que retirar o tícket do xantar na Casa da Cultura de Bertamiráns ou do Milladoiro, na Oficina de Voluntariado de Ames ou na Casa do Concello. Disporase de servizo de autobús polas parroquias para acudir á festa e volver para casa. Haberá música a cargo do dúo Eva e Camilo e sortearanse vales de compra para gastar no comercio amesán, cedidos por XEA.

O Concello de Ames recupera a tradicional festa dos maiores que este ano se vai a celebrar o sábado 2 de xullo, ás 14.00 horas, no pavillón municipal de Bertamiráns. O prazo de inscrición ampliouse ata o 23 de xuño. Para inscribirse hai que chamar, de luns a venres, en horario de 9.00 a 14.00 horas, aos números de teléfono: 881 074 730 / 669 119 431 / 673 739 011 / 662 377 022.

Posteriormente, unha vez rematado o prazo de inscrición, abrirase un prazo para retirar os tíckets para poder acceder á festa. Os tíckets poderanse recoller na Casa da Cultura de Bertamiráns ou do Milladoiro, na Oficina de Voluntariado de Ames ou na Casa do Concello (no departamento de gabinete de Alcaldía).

A festa estará amenizada coa música do dúo Eva e Camilo. Ademais, trala comida farase un sorteo de agasallos, en colaboración coa asociación Xuntanza de Empresarios de Ames (XEA). Deste xeito, sortearanse varios vales de compras para gastar no comercio de Ames. Haberá servizo de autobús polas parroquias para recoller ás persoas que así o desexen e achegalas ata o pavillón de Bertamiráns. Ao final da festa as persoas que o desexen poderán volver empregar o servizo de autobús para regresar a súa casa.

Esta festa está dirixida ás persoas maiores de 65 anos, que estean empadroadas no Concello de Ames. Poderase acudir de xeito individual ou en parella. No caso de ir en parella será suficiente con que un dos dous membros da parella estea empadroado no Concello.

Novas relacionadas:

El Correo Gallego: "Anotacións ata o 23 para a festa dos maiores amesáns"

Cartaz da festa dos maiores 2022

Multimedia

  • Cartaz da festa dos maiores 2022